Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Proba práctica: turismo urbano: As cidades pensan pouco no turista

O peor, a información ofrecida nas oficinas de turismo: só aproban as visitadas en cinco das trece cidades estudiadas

Unha por unha, as trece cidades

MADRID

Moi ben.
Con diferencia, a cidade máis atenta co turista nos aspectos estudiados. A oficina de turismo na que mellor e máis cualificado trato recibiu o visitante: preguntaron mesmo sobre as súas preferencias en tendencias artísticas. É a única urbe "excelente" en facilidade para localiza-los destinos, debido ós numerosos, visibles e precisos sinais de orientación. Sobresaliente a oferta de transporte público preto dos lugares de interese turístico establecidos.

PAMPLONA


Aceptable.
A oficina de turismo prestou en xeral un servicio aceptable, pero a calidade e detalle da explicación oral foi mediocre. Poucos sinais de orientación para o visitante. Resultou doado desenvolverse en medio do tráfico. Transporte público, moi ben.

VITORIA

Aceptable.
O servicio da oficina de turismo, só aceptable: facilitaron gran cantidade de información escrita pero amosaron escaso interese polas necesidades e circunstancias do viaxeiro. Os sinais resultaron pouco útiles para o visitante. Foi sinxelo transitar co vehículo. Transporte colectivo, ben.

VALENCIA


Aceptable.
A oficina de turismo, só aceptable por non explicar ben oralmente a oferta turística. Mal na localización dos destinos e un tráfico demasiado intenso. Escaseza de sinais de orientación. Ben no transporte público.

A CORUÑA

Regular.
Moi deficiente prestación da oficina de turismo: mal na cantidade e calidade da información oral e aínda peor (só un mapa) na escrita. Os lugares de interese turístico estaban ben sinalizados, o que facilitou a localización. O tráfico, fluído. E o transporte público, moi ben.

BILBAO

Regular.
Nada demasiado ben, pero nada mal. A oficina de turismo, só aceptable. O peor nela, a calidade e detalle da información oral; o mellor, a documentación escrita proporcionada e o comentario sobre as precaucións que conviña adoptar se se visitaba unha zona pouco segura (foi a única oficina que fixo esta advertencia). Poderíase mellorar tanto a circulación, cun tráfico denso, coma a sinalética.

BARCELONA

Regular.
A oficina de turismo, moi mal. Só proporcionaron un plano e unha fotocopia cos horarios dos museos, e un par de libros (á venda) sobre museos. A calidade da información oral, tamén deficiente. Os sinais na cidade resultaron abondos, aínda que por veces a súa visibilidade non fose boa. O tráfico tivo intermitencias, con algúns atascos. Transporte colectivo, moi ben.

MURCIA

Regular.
Oficina de turismo, moi mal: suspendeu na calidade e detalle da información e nas recomendacións dos lugares de interese que visitar. A localización dos lugares, ben: algúns sinais axudaron a localiza-los puntos de destino e, ademais, o tráfico foi fluído. Bótase de menos o transporte público nalgúns dos lugares visitados.

BURGOS

Regular.
Pero non aproba ningún dos tres apartados. A oficina de turismo, mal, por non se interesar polas necesidades do turista e por non explicar oralmente a oferta de xeito detallado. A facilidade para localiza-los destinos, só regular. E en transporte público nos puntos turísticos establecidos, unha das peores cidades do estudio.

SAN SEBASTIÁN

Mal.
Non aproba ningún dos tres apartados. A oficina de turismo suspende pola falta de interese amosada cara ás necesidades do visitante e pola ausencia dunha explicación oral detallada sobre a oferta turística. A mala situación ou adecuación dos sinais provocou a equivocación na orientación, así que resultou difícil localiza-los destinos, aínda que a circulación co coche foi fluída. Transporte público, só regular.

MÁLAGA

Mal.
Só aproba o apartado de transporte público. A oficina de turismo (aínda que ofrece unha información escrita excelente) atendeu de xeito deficiente: explicación oral moi pobre e ausencia de recomendacións. Moitas dificultades (sinais, tráfico...) para localiza-los destinos.

CASTELLÓN

Moi mal.
Suspende claramente nos tres apartados. A oficina de información (aínda que ofreceu unha boa información escrita) fíxoo por non explica-la oferta e non se preocupar polas necesidades do turista. E resultou difícil localiza-los destinos. Anotouse tamén a ausencia de transporte público en varios dos lugares visitados.

CÁDIZ

Moi mal.
Suspende claramente nos tres apartados. Na oficina de turismo (aínda que ofreceu unha información escrita excelente), polo pouco interese amosado ante as necesidades do visitante e pola escasa precisión na exposición oral sobre a oferta turística. Levou traballo localiza-los destinos elixidos e, ademais, a cantidade de sinais urbanas cualificouse de deficiente. No tocante ó transporte público nos lugares elixidos, moi mal.

TÁBOA COMPARATIVA

Os tres apartados do estudio
Oficina de Turismo Facilidade para localiza-los destinos e transitar pola cidade Transporte público nos lugares de interese Media
Madrid Moi Ben Excelente Moi Ben Moi Ben
Pamplona Aceptable Mal Moi Ben Aceptable
Vitoria Aceptable Mal Ben Aceptable
Valencia Aceptable Mal Ben Aceptable
A Coruña Moi Mal Moi Ben Moi Ben Regular
Bilbao Aceptable Regular Regular Regular
Barcelona Moi Mal Aceptable Moi Ben Regular
Murcia Moi Mal Ben Regular Regular
Burgos Mal Regular Moi Mal Regular
San Sebastian Mal Mal Regular Mal
Málaga Moi Mal Mal Ben Mal
Castellón Mal Mal Moi Mal Moi Mal
Cadiz Mal Mal Moi Mal Moi Mal
Media Mal Mal Aceptable Mal
Oficinas de turismo
¿Interésanse polas necesidades do visitante? ¿Explican as diferentes ofertas turísticas da cidade? ¿Como o explican? Calidade e detalle da información ¿Recomendan algún dos lugares de interese?
Madrid Moi Ben Moi Ben Moi Ben Ben
Pamplona Moi Ben Moi Ben Regular Ben
Vitoria Moi Mal Ben Moi Ben Ben
Valencia Ben Ben Mal Ben
Bilbao Ben Ben Mal Mal
Castellón Moi Mal Ben Mal Ben
San Sebastian Moi Mal Regular Mal Ben
Burgos Moi Mal Ben Mal Ben
Cadiz Moi Mal Ben Mal Ben
A Coruña Moi Mal Moi Ben Mal Ben
Barcelona Moi Mal Ben Mal Ben
Murcia Ben Regular Mal Mal
Málaga Moi Mal Mal Mal Mal
Media Moi Mal Ben Moi Mal Aceptable
¿Que tipo de información escrita proporcionan? ¿Alertan sobre as zonas perigosas ou sobre as precaucións que cómpren? Media
Madrid Moi Ben Mal Moi Ben
Pamplona Moi Ben Mal Aceptable
Vitoria Excelente Mal Aceptable
Valencia Moi Ben Mal Aceptable
Bilbao Ben Ben Aceptable
Castellón Moi Ben Mal Mal
San Sebastian Aceptable Mal Mal
Burgos Aceptable Mal Mal
Cadiz Excelente Mal Mal
A Coruña Mal Mal Moi Mal
Barcelona Aceptable Mal Moi Mal
Murcia Moi Ben Mal Moi Mal
Málaga Aceptable Mal Moi Mal
Media Ben Moi Mal Mal

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto