Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Canles de EROSKI CONSUMER
Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada
Ferramentas sociais
Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.
O peor, a información ofrecida nas oficinas de turismo: só aproban as visitadas en cinco das trece cidades estudiadas
Este verán, máis de 16 millóns de españois realizarán unha viaxe de vacacións e, se se mantén a tendencia do ano anterior, o 97% elixirá un destino nacional. E optará preferentemente por un destino dentro da súa propia comunidade autónoma ou unha próxima. O medio de transporte máis empregado polos turistas españois é o coche. Case oito de cada dez utilizan o coche para chegar ó punto elixido para as vacacións, mentres que un de cada dez recorre ó autobús e os máis ó avión (6%) e ó tren (5%). E sábese que planificamos pouco: a metade de nós practicamente non organizamos nada ata 15 días antes da viaxe. En resumo, o perfil do turista español é o dunha persoa ou grupo que non viaxa ó estranxeiro, que se despraza en coche e que cando chega ó punto de destino precisa información, porque practicamente non recompilou nada antes de saír de viaxe. CONSUMER calibrou en qué medida Madrid, Barcelona, A Coruña, Málaga, Valencia, Vitoria, Bilbao, San Sebastián, Pamplona, Murcia, Cádiz, Castellón e Burgos pensan no turista, en qué grao informan (oficina de turismo) sobre o que lle ofrecen ó viaxeiro e ata qué punto lle resulta sinxelo (sinais para chegar ós lugares de interese, tráfico viario e transporte público) chegar ós puntos de interese de cada cidade. Para desenvolver esta proba sobre o terreo, técnicos de CONSUMER que non coñecían a cidade, recrearon o itinerario probablemente máis común cando chega o turista a unha urbe que pretende visitar: chegaron en coche e acudiron a un hotel céntrico de tres estrelas, desde onde partiron cara á oficina de turismo máis próxima. O seguinte destino foi o museo máis emblemático da cidade, e tras este acudiron a unha zona de lecer ou de compras recomendada na oficina de turismo. Nesta proba, realizaron tódolos desprazamentos en coche.
As conclusións da investigación non deixan en bo lugar ós que traballan para conseguir que a cidade resulte acolledora e cómoda para os viaxeiros que intentan gozar da súa oferta turística pero que non a coñecen. Noutras palabras, as cidades pensan pouco en quen as visita con intencións turísticas ou culturais. Velaquí os datos: só aproban o exame de CONSUMER catro cidades, Madrid (excelente), Pamplona, Vitoria e Valencia (as tres, só aceptable). Un pelotón composto (de mellor a peor) pola Coruña, Bilbao, Barcelona, Murcia e Burgos, rozan sen conseguilo o aprobado, mentres que San Sebastián e Málaga obteñen un "mal" e Castellón e Cádiz teñen que se conformar cun "moi mal". Por apartados, só aprobaron o 40% das oficinas de turismo (e folgadamente, soamente a de Madrid). E no tocante á facilidade para localiza-los destinos e transitar pola cidade, só aproban o 30% das cidades (destacan positivamente Madrid e A Coruña). O apartado con mellores resultados é o referido á dispoñibilidade de transporte público preto dos lugares elixidos: aproba máis da metade das cidades; as peores foron Burgos, Castellón e Cádiz.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI