Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Gozar da praia: Sol e mar, unha combinación explosiva

  Un ano máis, millóns de turistas, nacionais e estranxeiros, visitarán algunha das 3.000 praias que zarrapican os preto de 8.000 quilómetros do litoral español. E é que ante os ardentes raios do sol do verán, a praia é un dos destinos favoritos para gozar das vacacións, e boa mostra diso son os case 50.000 visitantes que reciben a cotío algunhas das nosas praias. Pero a miúdo, frecuentar lugares tan concorridos ten os seus inconvenientes. O exceso de auga e de sol, a masiva afluencia de bañistas e unha chea de contratempos (insolacións, cortes de dixestións, picaduras, etc.) confabúlanse nesta época do ano para provocar accidentes e imprevistos que poden dar ó traste coas vacacións máis idílicas. E o que é máis importante, cómpre non esquecermos que o mar é traizoeiro e impredicible, e unha actividade tan sinxela coma xogar coas ondas pode resultar perigosa se non se toman precaucións.

Cada ano, desde 1987, a Fundación Europea de Educación Ambiental (FEEE) e a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) valoran a calidade das nosas praias e portos, e premian cunha Bandeira Azul as que axuntan as condicións que garanten a seguridade, a saúde e o benestar de tódolos usuarios das nosas costas. Este ano, o afundimento do "Prestige" acabou coas aspiracións de 17 praias da Cornixa Cantábrica, que perderon tan prezado galardón. Sen embargo, non hai que baixa-la garda, polo que a FEEE estableceu unhas rigorosas condicións de seguimento nas praias afectadas, entre as que destacan que o propio Concello debe arria-la bandeira azul de xeito temporal e comunicarllo á ADEAC se observa unha volta ou aumento da contaminación por hidrocarburos. Se se volve producir unha segunda vez, o galardón débese retirar definitivamente. Con todo, España, con 420 praias e 97 portos premiados, segue á cabeza no contexto internacional en número de bandeiras azuis globais (entre praias e portos), xa que unha de cada seis que ondean en todo o mundo o fai en España.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto