Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

A financeira seguíalle pasando os recibos dun curso que xa non recibía

Un estudiante contratou un curso de inglés con Opening e mais asinou outro contrato de cesión de crédito con Euro Crédito para financia-lo curso. O contrato asinouse nas instalacións de Opening baixo as súas propias indicacións, e era a única opción de financiamento. Dous meses despois, Opening pechou as súas portas. Malia a iso, a financeira seguiulle pasando os seus recibos ó estudiante, sen que Opening resolvese a situación. Finalmente, o alumno acudiu ós tribunais e solicitou que se declarasen resoltos o contrato de ensino e o contrato de financiamento. Tamén pediu que se condenase a financeira a devolve-los recibos xa pagados. Euro Crédito opúxose á demanda considerando que non era aplicable a Lei de Crédito ó Consumo. Esta lei sinala que a ineficacia do contrato de consumo determinará a ineficacia do contrato de financiamento cando o que outorga o crédito é distinto ó provedor, entre os dous hai un acordo previo e o crédito se concedeu baseándose nese acordo. Xa que logo, o Xulgado de Sant Boi de Llobregat, en sentencia do 8 de febreiro do 2003, declarou resoltos ámbolos contratos, condenando a Euro Crédito a non xirar máis recibos, a devolver tódalas cantidades cobradas desde o primeiro momento e ás custas.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto