Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

O seguro obrigatorio cobre os accidentes que se teñan en camiños estreitos e privados

Para ir ó meu traballo teño que utilizar un camiño polo que pasan bastantes coches, pero que nalgúns treitos é demasiado estreito para que circulen dous vehículos cada un nun sentido. En caso de accidente, ¿o seguro obrigatorio cubriría o accidente? Oín que o seguro non o cobre se se trata dun camiño privado ou se non é apto para a circulación, e non sei se este o é ó non permitir nalgúns treitos que dous vehículos se crucen.

  O seguro de subscrición obrigatoria garante a responsabilidade civil derivada da circulación de vehículos a motor e comprende a cobertura dos danos ás persoas e ós bens prexudicados por feitos da circulación, cos límites legais e sen prexuízo das exclusións recollidas no Real Decreto 7/2001 do 12 de xaneiro.

En relación ó ámbito de aplicación do seguro obrigatorio e para determina-las vías e camiños de circulación é preciso sabe-lo que se entende pola expresión "Feito da Circulación". En concreto, o artigo 3 do devandito Real Decreto di que se entenden por feitos da circulación os derivados do risco creado pola conducción dos vehículos a motor, tanto por garaxes e aparcamentos, como por vías ou terreos públicos e privados aptos para a circulación, tanto urbanos coma interurbanos, así como por vías ou terreos que sen teren tal aptitude sexan de uso común. E non se entenderán feitos da circulación os derivados da celebración de probas deportivas. Tampouco son feitos da circulación os derivados da realización de tarefas industriais ou agrícolas por vehículos a motor especialmente destinados para esas tarefas, non sendo en caso de circulación polas vías ou terreos dos que falamos.

Polo tanto, o camiño polo que se circula neste caso, sexa vía pública ou privada, é apto para a circulación, sempre e cando sexa de uso común, é dicir, transitado por unha colectividade indeterminada de usuarios, polo que un accidente derivado dun feito da circulación queda dentro do ámbito do seguro obrigatorio.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto