Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Queren testar no lugar do seu pai enfermo de Alzheimer

Teño un familiar que sofre Alzheimer na súa fase avanzada. Estamos case convencidos de que non testou e soubemos que se non existe testamento, o Estado leva unha porcentaxe bastante elevada dos bens do falecido. Ámbalas dúas fillas deste familiar teñen un poder notarial, mais non estamos seguros de que poidan testar no nome do seu representado.

  O testamento é un acto persoalísimo, e só pode testa-la mesma persoa que dispón dos seus bens para caso de falecemento, de maneira que non o poderá facer un terceiro no seu nome nin mediando un poder notarial, con matizacións nos dereitos forais. No País Vasco, Galicia, Cataluña, Baleares, Navarra e Aragón hai figuras xurídicas que permiten outorgar maiores capacidades no relativo ó reparto dos bens ou á súa administración a favor de terceiros, por medio dun poder especial para iso. De tódolos xeitos, no caso presentado o poder que teñen as fillas é un simple poder de representación, e para cuestións hereditarias, incluso en dereitos civís especiais, cómpre un poder especial ou unha designación especial.

Para o caso de falecemento, os familiares teñen que solicitar, como primeiro paso, un certificado no Rexistro de Últimas Vontades, que irá acompañado dunha certificación do falecemento, o que lles permitirá coñecer se o seu familiar testou ou non, e, en caso de que testase, o notario que o autorizou, ó que se poderán dirixir para proceder á súa lectura e posterior partición da herdanza. Se non hai testamento, abriríase a sucesión intestada e dentro do ámbito do territorio e dereito común, aplicaríanse as normas do Código Civil. Segundo este Código, herdan en primeiro lugar os fillos e os seus descendentes, despois os pais e ascendentes. Os fillos herdan a partes iguais e se algún deles finou, herdarán os seus fillos. De non haber descendentes (fillos ou netos), herdan os pais do falecido tamén a partes iguais. E se non, os avós. E se faltan todos eles, hérdao todo o cónxuxe viúvo ou, de non habelo, os parentes colaterais (primeiro, irmáns, segundo, sobriños, e terceiro, o resto de parentes colaterais ata o cuarto grao). E só no caso de que non houbese ningún destes parentes, sucederá o Estado. Neste caso o familiar ten fillas, polo que se falece sen testamento, elas serán as herdeiras a partes iguais, salvo de haber cónxuxe viúvo, xa que neste caso herdarían as fillas e o cónxuxe viúvo, pero este último só terá dereito ó usufructo dun tercio. No tocante ós trámites e ós gastos nunha sucesión intestada, cómpre realizar ante notario unha serie de xestións e por último declarar en Facenda o Imposto de Sucesións.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto