Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consellos

Λ

Elixir gafas de sol: A saúde visual, por riba de modas

O 70% dos catorce millóns de gafas de sol que se venden cada ano en España incumpre a normativa europea de seguridade

Aínda que para moitos son un complemento máis, cómpre que as gafas de sol protexan os ollos e eviten os efectos perigosos ou nocivos do astro rei. Xa que logo, a elección das súas lentes non se debe basear en modas ou criterios estéticos, senón no uso que se lles dará. Para a montura deixarémo-los nosos gustos e optaremos pola que máis nos favoreza.

  • A adquisición das gafas de sol debe estar supervisada por un especialista da visión.
  • Elixa a gafa máis axeitada ó uso preferente que lle vaia dar, sexa praia, montaña, deporte, conducción, etc.
  • A gafa de sol ideal debe ser neutra desde o punto de vista óptico, cubrir de fronte e lateralmente dos raios nocivos, ter un alto grao de protección contra os raios ultravioleta, ausencia de rugosidades e bordos vivos, con cristais ou orgánicas, nunca de plástico.
  • Amais de lles faceren fronte ás radiacións solares, unhas gafas deben permitir unha óptima agudeza visual.
  • Non se deixe enganar pola cor das lentes. Algunhas lentes brancas filtran o 100% da radiación UV mentres que outras moi escuras non filtran correctamente a luz UVA pero si a visible, favorecendo unha maior dilatación pupilar e, como consecuencia, un incremento da radiación UVA que recibe o ollo.
  • Préstelles especial atención ós nenos, o seu cristalino é case transparente ata os 10 ou 12 anos, e os seus ollos absorben toda a radiación. Non lles merque gafas de sol de xoguete ou que non cumpran estrictamente coa regulamentación da Comisión Europea.
  • Para que a lente solar protexa do xeito adecuado, debe estar perfectamente adaptada ó rostro: a montura non debe quedar nin descentrada nin lonxe da cara.
  • Antes de mercar calquera gafa de sol, comprobe que estea marcada co selo da Comunidade Europea e que na etiqueta figure a clase á que pertence ou a categoría do seu filtro.
  • Asegúrese de que na etiqueta ou no folleto informativo figuran o nome e o enderezo do fabricante, as instruccións de almacenamento, uso, limpeza e mantemento ou desinfección aconsellados polo mesmo, e mailos consellos e advertencias de seguridade en caso de que, por exemplo, estean fabricadas cun tipo de filtro que non sexa apto para a conducción de vehículos.

Unha cor para cada necesidade

Máis alá de modas e cuestións estéticas, a cor das súas lentes indica para qué actividades son máis axeitadas unhas gafas.

  • Castaña: para filtra-las radiacións azuis. Aumenta o contraste e a profundidade de campo e é ideal para os deportes ó aire libre, xa que produce un efecto relaxante. Indicada en caso de miopía.
  • Verde: permite unha percepción das cores con moi poucas alteracións. Reduce a luz visible sen interferir coa claridade de visión. Especial para deportes náuticos e hipermetropía.
  • Amarela: mellora o contraste en días nubrados, brumosos e con néboa. Non se recomenda o seu uso para conducir en días soleados, xa que pode provocar erros na percepción das luces vermellas e verdes dos semáforos.
  • Gris: permite o seu uso continuado no tempo, xa que transmite uniformemente a luz a través do espectro e respecta mellor as cores naturais. Recomendadapara conducir.
  • Laranxa: non é apta para uso solar. Aumenta o contraste máis aínda cá cor amarela e é a máis axeitada para situacións en que o ceo está encapotado. Proporciona o maior contraste cando se dan situacións de baixa luminosidade e é un filtro eficiente para a luz azul. É a cor idónea en condicións de baixa luminosidade, como a conducción nocturna ou con néboa, xa que aumenta os niveis de contraste.

Graos de absorción dos filtros

  • Filtros fotocromáticos: responden á intensidade da luz ultravioleta cambiando a súa tonalidade de clara a escura. Aconsellable para frecuentes entradas e saídas de interior a exterior.
  • Filtros espellados: ofrecen unha protección máxima fronte ó UVA, polo que son recomendados para o esquí ou a escalada. O seu inconveniente: ráianse facilmente.
  • Filtros polarizados: minimizan o cegamento, xa que eliminan os reflexos de certos ángulos de superficies como a auga, a neve ou a area. Polo tanto, son moi útiles para traballos sobre superficies que reflictan, a pesca, deportes acuáticos...
  • Filtros con antirreflexo: neutralizan as reflexións dos raios que pasan polos lados das gafas.

A saúde visual está en xogo

  • A exposición ó sol sen protección pode orixinar importantes lesións na córnea, retina e cristalino, provocando conxuntivite, a afección máis habitual, úlceras crónicas e a aparición prematura de cataratas.
  • Para previ-las cataratas o máis eficaz é levar gafas de sol que filtren a radiación UVA e UVB, e a ser posible con protectores laterais que eviten a radiación reflectida no chan, paredes, e nalgunhas partes do corpo como a cara e o pescozo.
  • Os danos que provocan unhas gafas inadecuadas non aparecen axiña, senón despois dalgúns anos e nos máis dos casos as lesións son irreversibles.
  • Algunhas dores intensas de cabeza e fotofobias anormais (intolerancia e temor anormal á luz) tamén están producidas directamente pola utilización de gafas de sol, que non dispoñen dos filtros axeitados para evita-lo paso da radiación ultravioleta ós ollos.
Índices de protección das gafas de sol
Nivel
Filtro
Luminosidade solar Absorción luz visible(%) Descrición Indicacións
0 Moi baixa 0-20 Lentes claras ou moi lixeiramente coloradas Estética e comodidade.Tempo cuberto, néboa, vento, po.
1 Baixa 20-56 Lentes lixeiramente coloradas Uso urbano
2 Media 57-81 Lentes medianamente coloradas Paseo, golf, tenis.
3 Forte 82-91 Lentes escuras Nenos. Praia e montaña.
4 Moi forte 92-97 Lentes moi escuras Deportes acuáticos e alta montaña

Relacións deste contido

Descargar esta información en PDF

PDF: Fai clic aquí para Descargar esta información en PDF (189 Kb)

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto