Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Polos beneficios que lle proporcionan ó noso organismo, cómpre aumentármo-lo consumo de froitas
As froitas frescas constitúen un grupo de alimentos indispensable para a nosa saúde e benestar, especialmente pola súa achega de fibra, vitaminas, minerais e substancias de acción antioxidante. Non obstante, e malia a que son ben coñecidas tódalas súas virtudes nutritivas, o consumo medio de froita no noso país non se achega ás recomendacións dietéticas mínimas, que se sitúan nuns 400 gramos de froita fresca ó día, é dicir, unhas 3 ou 4 pezas diarias, a inxestión cotiá desexable de froita.
As froitas frescas cómpre conservalas en lugares frescos, secos e protexidos da luz solar ou na parte menos fría do frigorífico, illadas doutros alimentos para aumenta-la súa vida útil. As froitas máis delicadas, como amorodos ou amoras, consérvanse ata dous días, as de óso aturan ben unha semana e os cítricos ata dez días. Non convén gardar xuntas as froitas de curta conservación (plátanos, pexego, peras...) coas de longa conservación (cítricos, mazás...), xa que se producen sabores estraños e deterióranse máis facilmente. Algunhas froitas, como a piña, mazá, albaricoque, pomelo, amorodo ou cereixa escura, pódense conxelar non máis de seis meses.
15 minutos abondan para tomar un almorzo saudable e equilibrado que nos proporcionará a enerxía e os nutrientes precisos para desenvolvermos satisfactoriamente a nosa actividade física e intelectual. Trátase, en definitiva, de inxeri-lo "combustible" que o noso organismo require para funcionar. Se queremos que sexa un almorzo completo, tres grupos de alimentos básicos deberían estar presentes nel: lácteos, farináceos e froitas.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI