Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Productos contra a obesidade e a calvicie: Moitas farmacias venden productos milagre e case non informan

O 96% delas despachan productos anti-obesidade e anti-calvicie sen solicitaren o diagnóstico médico previo.

  A obesidade e a caída do cabelo, aínda que son problemas ben distintos (o primeiro está relacionado coa saúde e pódese converter en enfermidade, mentres que a calvicie non) teñen dúas cousas en común: unha, afectan á imaxe estética do afectado e pode que á súa autoestima; e dúas, son moi difíciles de resolver. Supera-la obesidade require case sempre cambiar de modo permanente unha dieta inadecuada e mais realizar máis exercicio físico e, mal que lles pese a moitos, aínda non hai solucións rápidas contra o exceso de peso que resulten saudables e duradeiras; e, doutra banda, ata o momento a investigación científica non só non deu cun producto que promova -en todos ou, cando menos, nos máis dos casos- o crecemento do pelo, senón que tampouco conseguiu garantir que a súa caída se deteña definitivamente e sen que iso reporte efectos secundarios. Ante esta dobre conxuntura (problemas percibidos como importantes por moitas persoas, e inexistencia de solucións eficaces, contrastadas cientificamente, estandarizadas e fiables), o mercado ofrécelles ós consumidores unha enorme diversidade de productos relacionados coa obesidade e coa caída do cabelo que prometen moito e conseguen pouco, e que, ademais, nalgúns casos poden prexudica-la nosa saúde.

O primeiro que cómpre saber é que, en ámbolos casos, as solucións radicais ou milagreiras non existen, e que o acertado é acudir ó médico especialista para que, estudiando as nosas circunstancias específicas, nos suxira o que debemos facer. Ir directamente á farmacia na procura dunha solución é un erro, por unha triple razón: unha, o farmacéutico -se non o pregunta- ignora o noso diagnóstico e historial médico, así como os nosos hábitos de vida e circunstancias particulares, polo que se pode enganar e dispensarnos productos pouco axeitados para o noso organismo; dúas, nas farmacias abundan os productos milagre que, aínda que poidan gardar algunha relación co noso problema e non ser prexudiciais, non conteñen principios activos para resolvelo; e tres, algunhas farmacias venden productos anti-obesidade e anti-calvicie sen darlle información abonda ó usuario sobre as súas características principais: indicacións, contraindicacións, efectos secundarios, etc.

Técnicos de CONSUMER visitaron o pasado mes de maio, sen se presentaren como tales e actuando como un cliente máis, un total de 192 farmacias en 13 cidades -Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao, Málaga, Zaragoza, San Sebastián, A Coruña, Murcia, Vitoria, Almería, Santander, Pamplona- solicitando productos que resolvesen estes dous problemas, e comprobaron que o 96% delas despachan productos anti-obesidade e anti-calvicie sen solicitaren o diagnóstico médico previo. Ademais, o 53% dos boticarios vendíaos sen lle ofrecer ó cliente a información e os consellos necesarios para o seu uso correcto. Para rematar, no 44% das farmacias visitadas comercializábanse "productos milagre", que nin son medicamentos nin teñen unha eficacia cientificamente demostrada para resolve-lo problema que din tratar, e que basean o seu "gancho" nunhas promesas publicitarias enganosas dado que non conseguen o efecto que o usuario agarda ó consumilos.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto