Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Análise comparativa de toalliñas para bebé: As máis baratas son unha boa elección

Salvo na proba de uso, todas obtiveron resultados semellantes e satisfactorios

Un por un, 7 recambios de toalliñas para bebé

TRAGONCETE

  •   0,03 euros/toalliña
  • Calidade global: Normal.
  • A mellor relación calidade-prezo. A máis económica. 80 toalliñas por envase, pregadas en Z (máis incómodo). A súa loción contiña o menor extracto seco (0,5%). A toalliña seca de menor peso (1,5 gramos). Das máis resistentes. Boa valoración en tolerancia ocular. Na proba de uso, 6,7 puntos: un tercio dos consumidores atopan o seu perfume demasiado forte e un 27% opina que a toalliña é demasiado fina.

DODOT

  •   0,04 euros/toalliña
  • Calidade global: Ben.
  • Outra boa opción. 72 toalliñas por envase, pregadas entrelazadas (máis cómodo). As máis grandes, tanto húmidas (20,6x17,7 cm) coma secas (19,5x17,5 cm). Boa valoración en tolerancia ocular. Na proba de uso, as mellores, 7,7 puntos: salientou polo aspecto, grosor, dimensións e cantidade de loción das toalliñas, polo doado de manexar e polo suave e non pegañenta que deixa a pel. Os consumidores non salientaron ningún punto débil.

JOHNSON'S

  •   0,04 euros/toalliña
  • Calidade global: Ben.
  • Outra boa opción. 72 toalliñas por envase, pregadas entrelazadas (máis cómodo). O menor contido de líquido por toalliña. Das máis resistentes. Boa valoración en tolerancia ocular. Na proba de uso, 7,2 puntos: o 17% dos consumidores opinaron que a toalliña é demasiado fina.

NENUCO

  •   0,04 euros/toalliña
  • Calidade global: Normal.
  • 72 toalliñas por envase, pregadas en Z (máis incómodo). Son as toalliñas máis pequenas tanto húmidas (20,3x15,6 cm) coma secas (20,4x15,1 cm). Ademais, o peso medio da toalliña húmida tamén foi o menor (5,6 gramos). Boa valoración en tolerancia ocular. No test de uso, 6,6 puntos: un 27% dos consumidores xulga o seu perfume como demasiado forte e un 20% atopou a toalliña excesivamente húmida.

HUGGIES

  •   0,04 euros/toalliña
  • Calidade global: Normal.
  • O menor número de toalliñas por envase, 64 unidades, pregadas en Z (máis incómodo). As únicas elaboradas co soporte 'airlaid', menos suave có resto. As toalliñas máis pesadas e as máis grosas (854 microns). As menos resistentes. A única de tolerancia ocular só aceptable. Na proba de uso, as segundas peores, 6,5 puntos: apertura do recambio pouco fácil no primeiro uso, o 40% dos consumidores considerárona demasiado grosa, e o 17% manifestaron que o seu perfume era demasiado débil e que lle faltaba suavidade.

MUSTELA

  •   0,07 euros/toalliña
  • Calidade global: Ben
  • Xunto a outras, as máis caras. 70 toalliñas por envase, pregadas en Z (máis incómodo). O maior contido de líquido por toalliña (taxa de impregnación, 297%). Das máis resistentes. Boa valoración en tolerancia ocular. Na proba de uso, a segunda mellor valorada, 7,6 puntos: boas valoracións no tipo e intensidade do perfume e na eficacia de limpeza.

KLORANE

  •   0,07 euros/toalliña
  • Calidade global: Normal
  • Xunto a outras, as máis caras. 80 toalliñas por envase, pregadas entrelazadas (máis cómodo). A loción de maior contido en extracto seco (6,6%). As máis finas (363 microns). Boa valoración en tolerancia ocular. Na proba de uso, as peores, 6,2 puntos: o seu perfume foi o menos apreciado por ser demasiado forte e o 27% dos usuarios opinou que a toalliña é demasiado fina, e o 23% que é excesivamente seca.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto