Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Surimi, sucedáneos de peixe con sabor a cangrexo: Interesantes, pero con aditivos e menos proteína e máis sal có peixe

Nin a súa composición nin o sabor xustifican a enorme diferencia de prezos

Un por un, oito preparados conxelados de peixe "surimi"

FROXÁ

  •   "Delicias de surimi"
  • Formato: 250 gramos. Sae a 3,12 euros/quilo, moi barato.
  • A mellor relación calidade-prezo. Incumpre a norma de etiquetaxe, por indicar un único colorante cando a análise identifica dous colorantes. O tipo de graxa que emprega é aceite de colza (monoinsaturada, saudable). Na cata, o segundo mellor, con 6,6 puntos. Destacou a súa cor.

FRICATAMAR

  •   "Preparado de peixe sabor cangrexo"
  • Formato: 250 gramos. Sae a 2,6 euros/quilo, o máis barato.
  • Outra interesante opción. A súa denominación, a máis adecuada para este producto. O de máis graxa (4,6%) e o máis enerxético (134 calorías cada 100 gramos). A graxa utilizada é aceite de soia (poliinsaturada, a máis saudable). Dous colorantes de orixe natural: vermello cochinilla (E-120) e un carotenoide (E-160). Na cata, 5,3 puntos. Criticouse o seu escaso sabor e a súa textura seca.

PESCANOVA

  •   "Roliños de Mar"
  • Formato: 450 gramos. Sae a 7,18 euros/quilo, moi caro.
  • A graxa é aceite de soia (poliinsaturada, a máis saudable). Utiliza dous colorantes de orixe natural: vermello cochinilla (E-120) e un carotenoide (E-160). Na cata, o mellor, con 7,2 puntos. Eloxiouse a súa cor, o seu sabor zumento e a súa textura fibrosa.

COMPESCA

  •   "Paos de mar"
  • Formato: 1.000 gramos. Sae a 4,56 euros/quilo.
  • A graxa é aceite de soia (poliinsaturada, a máis saudable). Emprega dous colorantes de orixe natural: vermello cochinilla (E-120) e un carotenoide (E-160). Na cata, 4,9 puntos. Gustou a súa cor, pero criticouse o seu escaso sabor.

ELMAR

  •   "Paos de Mar"
  • Formato: 240 gramos. Sae a 6,13 euros/quilo.
  • Incumpre a norma de etiquetaxe, por indicar un único colorante cando a análise identifica dous colorantes (vermello cochinilla e un da familia dos carotenoides), e por non presentar no mesmo campo visual a denominación, a cantidade neta e a data de caducidade. O de menos proteínas (5,9%). A graxa é aceite de palma (saturada, a menos saudable). Na cata, 5,3 puntos. Criticáronse a súa cor e a súa textura seca.

MARLIN

  •   "Tronquiños de Mar"
  • Formato: 1.000 gramos. Sae a 5,70 euros/quilo.
  • Tanto o seu contido en graxa (0,8%) coma o seu valor calórico (96 calorías/100 gramos) son os máis baixos. A graxa é aceite de soia (poliinsaturada, a máis saudable). Dous colorantes, de orixe natural: vermello cochinilla (E-120) e un carotenoide (E-160). O peor na cata, 4,2 puntos. Foi criticado pola escasa intensidade do seu sabor e pola súa textura seca.

FRUMAR

  •   "Roliños do Mar"
  • Formato: 450 gramos. Sae a 7,16 euros/quilo, moi caro.
  • O de máis proteínas (8,6%) e menos hidratos de carbono (13%). A graxa é aceite de soia (poliinsaturada, a máis saudable). Utiliza dous colorantes de orixe natural: vermello cochinilla (E-120) e un carotenoide (E-160). Na cata, o segundo peor, con 4,8 puntos. Criticouse a súa cor, por "forte" ou "artificial", e en menor medida polo escaso sabor e a textura seca.a

FRUDESA

  •   "Tronquiños de Alasca"
  • Formato: 450 gramos. Sae a 7,93 euros/quilo, o máis caro.
  • O de máis hidratos de carbono (20%). A graxa que emprega é aceite de soia (poliinsaturada, a máis saudable). Utiliza dous colorantes de orixe natural: vermello cochinilla (E-120) e un carotenoide (E-160). Na cata, 5 puntos. Criticouse polo seu sabor forte e atípico e a súa textura seca.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto