Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Surimi, sucedáneos de peixe con sabor a cangrexo: Interesantes, pero con aditivos e menos proteína e máis sal có peixe

Nin a súa composición nin o sabor xustifican a enorme diferencia de prezos

En síntese

  • Analizáronse oito preparados de peixe conxelado con sabor a cangrexo, coñecidos como surimi ou txaka, con formatos desde 240 gramos ata un quilo, que custaban desde 2,6 euros o quilo (Fricatamar) ata máis de 7 euros o quilo (Frumar, Pescanova e Frudesa).
  • O surimi está composto de músculo de peixe en anacos ó que se engaden azucres, fosfatos e sal. Posteriormente, segundo o tipo de sucedáneo que se queira conseguir, o surimi desconxélase e á pasta adiciónanselle aditivos como aglutinantes, aromas e colorantes.
  • Elmar e Froxá incumpriron a norma de etiquetaxe, ó indicaren un único colorante cando no laboratorio se identificaron dous.
  • A auga supón arredor do 70%, e os hidratos de carbono engadidos entre o 13% e o 20% do producto. Achegan moitas proteínas (entre o 6% e o 8,6%) e pouca graxa (entre o 1% e o 4,6%). Son pouco calóricos (entre 100 e 130 calorías cada 100 gramos).
  • Na cata, o mellor foi Pescanova, con 7,2 puntos, seguido de Froxá (6,6). Os que menos gustaron: Marlín (4,2 puntos), Frumar (4,8) e Compesca (4,9).
  • Nin a composición (moi semellante), nin os resultados da cata, nin o formato comercial (desde 240 gramos ata un quilo) explican as grandes diferencias de prezos entre os productos comparados.
  • A mellor relación calidade-prezo é Froxá: malia a que incumpre a norma de etiquetaxe, é barato, ofrece unha boa achega de proteína e foi o segundo mellor na cata. Outra opción interesante é Fricatamar.

TÁBOA COMPARATIVA

Marca Denominación ELMAR "Paos de mar" MARLÍN "Tronquiños de Mar" FRUMAR "Roliños do mar" FRUDESA "Tronquiños de Alasca"
Prezo (euros/quilo) 6,13 5,70 7,16 7,93
Etiquetaxe Incumpre a norma Correcta Correcta Correcta
Humidade (%) 69,3 74,5 72,0 69,8
Proteína (%) 5,9 7,4 8,6 6,0
Hidratos de carbono (%) 19,7 14,9 13,3 20,4
Graxa total (%) 2,8 0,8 4,3 1,6
Valor calórico (Kcal/100 g) 127,6 96,4 126,3 120,0
Cinzas (%) 2,2 2,4 1,8 2,2
Tipo de graxa utilizada-fonte 1 Vexetal-palma Vexetal-soia Vexetal-soia Vexetal-soia
Colorantes
Vermello cochinilla (E-120) 2 Si Si Si Si
Familia carotenoides (E-160) 2 Si Si Si Si
OXM 3 Ausencia Ausencia Ausencia Ausencia
Estado microbiolóxico Satisfactorio Satisfactorio Satisfactorio Satisfactorio
Cata (1 a 9) 5,3 4,2 4,8 5,0
Marca Denomina -ción FROXÁ "Delicias de surimi" FRICATA MAR "Preparado de peixe sabor cangrexo" PESCA- NOVA "Roliños do mar" COMPESCA "Paos de mar"
Prezo (euros/quilo) 3,12 2,60 7,18 4,56
Etiquetaxe Incumpre a norma Correcta Correcta Correcta
Humidade (%) 69,2 70,5 72,3 71,3
Proteína (%) 7,9 7,9 7,4 6,7
Hidratos de carbono (%) 16,7 15,3 14,2 17,4
Graxa total (%) 3,5 4,6 4,2 2,1
Valor calórico (Kcal/100 g) 129,9 134,2 124,2 115,3
Cinzas (%) 2,6 1,7 1,9 2,5
Tipo de graxa utilizada-fonte 1 Vexetal-colza Vexetal-soia Vexetal-soia Vexetal-soia
Colorantes
Vermello cochinilla (E-120) 2 Si Si Si Si
Familia carotenoides (E-160) 2 Si Si Si Si
OXM 3 Ausencia Ausencia Ausencia Ausencia
Estado microbiolóxico Satisfactorio Satisfactorio Satisfactorio Satisfactorio
Cata (1 a 9) 6,6 5,3 7,2 4,9

(1)Tódo los productos utilizaron graxa de orixe vexetal, pero de distintas fontes: aceite de soia (graxa poliinsaturada, moi saudable), de colza (monoinsaturada, saudable) e de palma (saturada, menos saudable)

(2)Colorantes de orixe natural

(3)OXM: organismos modificados xeneticamente. Investigouse nunha análise de laboratorio especifica se as mostras contiñan algún ingrediente (incluíndo os aditivos) transxénico.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto