Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Catro persoas subiron a un globo aerostático conducido polo seu propietario. O globo sufriu un aparatoso accidente e caeu, co resultado de lesións graves para os cinco viaxeiros. Os usuarios do globo, a causa dos danos sufridos, demandaron ó propietario e á súa compañía aseguradora. Ambos foron condenados a indemnizalos, pero a compañía de seguros recorreu ante o Tribunal Supremo, ó considerar que o dano non quedaba cuberto pola póliza. O Supremo sinala que, por unha banda, a segunda cláusula da póliza establecía que o risco asegurado era o uso privado do globo aerostático, incluíndo o seu uso a nivel comercial, publicitario e deportivo, mentres que a cláusula quinta excluía de cobertura o uso público do globo con fins comerciais. Para o Tribunal Supremo prodúcese aquí unha escuridade que dificulta o entendemento do risco cuberto, dado que ámbalas cláusulas, unha relativa ó risco asegurado e outra ó risco excluído, falaban do uso a nivel comercial en sentido contraposto. Ante as dúbidas, o Tribunal Supremo considera que debe prevalecer unha interpretación favorable e proteccionista do asegurado, polo que condena a aseguradora a facer fronte ás indemnizacións e ás custas do recurso.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI