Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Incumpriuse a adaptación da directiva sobre publicidade enganosa

Unha Directiva europea do ano 1997 sobre publicidade enganosa obrigaba a que os Estados incluísen na súa normativa interna a regulación europea sobre a publicidade comparativa. O prazo remataba o 23 de abril do ano 2000. Expirado este, a Comisión Europea solicitou que en dous meses España presentase as súas observacións ó respecto. España non contestou, polo que a Comisión Europea presentou de novo, en marzo do 2001, un dictame no que instaba o noso país a adopta-las medidas de adaptación ó ordenamento legal da directiva sobre publicidade. As autoridades españolas contestaron que aínda se estaban tramitando as medidas de adaptación, polo que a Comisión denunciou a España ante o Tribunal das Comunidades Europeas. Di o Tribunal, en sentencia do 28 de novembro do 2002, que España alegaba que aprobara un proxecto de lei que se atopaba na primeira etapa do procedemento parlamentario. Para o Tribunal Europeo basta lembrar que un estado membro non pode alegar disposicións do seu ordenamento xurídico para xustifica-la non adaptación ó dereito interno dunha directiva e declara o incumprimento de España, condenándoa ó pagamento das custas do xuízo.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto