Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

^

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Compensación para unha muller logo dunha longa convivencia de feito

 En 1992 unha parella de feito acordou, a instancia do varón, finaliza-la súa convivencia en común comezada no ano 1973. Tiñan dous fillos e tódolos bens adquiridos durante o período de convivencia constaban formalmente a nome do varón. A muller non traballara fóra do fogar e acordaron que o pai aboaría unha pensión mensual a favor do fillo menor de idade e que a vivenda, propiedade do pai, sería utilizada pola muller e polos fillos durante un período limitado a oito anos. A muller acudiu ós tribunais solicitando a metade dos bens, alegando que a convivencia creara unha comunidade de bens. Para o Tribunal Supremo, segundo a sentencia do 17 de xaneiro do 2003, logo dunha longa convivencia non pode quedar unha das partes nunha situación absolutamente desfavorable. Di o Supremo que as normas constitucionais se poden aplicar neste caso. Lembra que o artigo 9.2 impide a discriminación das persoas. Así e todo, non aprecia o Tribunal a existencia dunha comunidade de bens, como solicitaba a muller, pero outórgaselle á muller prexudicada unha compensación que consiste nun tercio do valor dos bens adquiridos.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto