Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

A aseguradora di que a reparación do coche é máis cara có valor do coche no mercado

Recentemente sufrín un accidente de coche. O seguro non se quere facer cargo das reparacións e ofréceme 649 euros polo meu coche, pois afirma que a reparación é máis cara có seu valor no mercado. Aseguran que acudindo a xuízo recibirei máis ou menos os mesmos cartos, porque non van pagar máis se o valor do mercado é ese. ¿Que podo solicitar? Se vou a xuízo, ¿pagaranme a reparación?

 En termos xerais, o prexudicado ten dereito a obte-lo importe ó que ascende a reparación do vehículo e non pode ser obrigado en tódolos casos a se conformar cunha indemnización polo valor venal ou valor de mercado de vehículo porque con esta indemnización non se soluciona debidamente a perda do vehículo. Ademais, os tribunais veñen sentenciando que o prexudicado só queda resarcido abondo co importe ó que ascende a reparación, iso si, nunca superior ó prezo dun vehículo novo de iguais características. Así e todo, algúns tribunais negan o dereito ó importe total da reparación, porque entenden que se produciría un enriquecemento inxusto en favor do propietario cando o importe da reparación resulte excesivamente desproporcionado con respecto ó valor de venda no mercado ou valor venal do vehículo.

Outro criterio que cómpre ter en conta é se o vehículo xa foi reparado tralo accidente. Se é así, a miúdo os xulgados conceden a indemnización polo importe total da reparación. Pero cando non se reparou o vehículo, agardando a ver que din os tribunais, estes establécenlle límites á indemnización, de xeito que esta sería unha cantidade intermedia entre o valor venal e o importe de reparación, en atención ó "valor de uso" que tiña o vehículo sinistrado para o seu propietario.

En resumo, o asegurado ten dereito a obte-lo importe ó que ascende a reparación do vehículo, pero aínda que esta é a solución máis aceptada polos tribunais, non é sempre así, dado que se establecen límites para evitar enriquecementos inxustos. Suxerimos que, se xa se reparou o vehículo ou se se ten clara intención de reparalo, se reclame en primeiro lugar o importe da reparación. Ou, en segundo lugar, e sobre todo se non se vai repara-lo vehículo, unha cantidade intermedia entre o orzamento da reparación e o valor venal do vehículo. Se non se obtén unha resposta satisfactoria, pode cuestionarse ir a xuízo, e decidir se repara ou non o vehículo antes do xuízo.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto