Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consellos

Λ

Viaxar no coche: Conducir con todo en regra

Circular sen a documentación que dicta a Lei sanciónase con multas que poden chegar ós 3.000 euros

  Se a revisión do coche é algo fundamental antes de saír de viaxe, non o é menos leva-los accesorios, ferramentas e repostos necesarios para os casos de emerxencia que poidan xurdir na viaxe. Mención especial merecen os ?papeis? do coche que avalan a quen o conduce e garanten que o vehículo cumpre coa Lei en materia de seguridade e responsabilidade ante terceiros.

Os papeis obrigatorios

  • Antes de comeza-la viaxe comprobe que leva tódolos documentos obrigatorios: permiso de conducir, permiso de circulación, ficha técnica do vehículo, certificado da última ITV, adhesivo ITV en vigor, e a póliza e o recibo do seguro obrigatorio.
  • No caso de que o vehículo non sexa de seu, non estaría de máis que levase unha autorización do propietario para evitar problemas.
  • Comprobe que os documentos non estean caducados e que os datos dos mesmos sexan correctos. Saiba que en caso de que cambie de domicilio e non llo comunique a Tráfico en quince días, poderá ser sancionado. E tamén poderá ser multado se os documentos están caducados.
  • Para evitar molestas xestións e desembolso económico en caso de subtracción ou extravío, deixe os orixinais na casa e leve fotocopias do permiso de conducir, do permiso de circulación, da tarxeta ITV e do seguro obrigatorio. A Dirección Xeral de Tráfico considéraas válidas sempre que foran compulsadas e estea identificado o organismo ou persoa que fixo a compulsa. A lexislación vixente tamén permite plastifica-las fotocopias.
  • Poden face-la compulsa os fedatarios públicos (notarios, etc.) e as unidades provinciais da Xefatura de Tráfico. Tamén poden compulsa-los documentos, aínda que non están obrigados a facelo, os concellos, as forzas de vixilancia, as administracións autonómicas e o resto de órganos da Administración Pública.
  • Se viaxa ó estranxeiro, leve tódolos documentos orixinais. Os convenios internacionais non contemplan a substitución da documentación do automóbil por fotocopias.

Outros elementos indispensables

  •  Se vostede utiliza gafas ou lentes de contacto, saiba que é obrigatorio levar unhas de reposto. E aínda que non está obrigado a facelo, é conveniente que leve unhas gafas de sol para se protexer da luz cegadora dos raios solares.
  • Tamén está obrigado a levar un xogo de lámpadas de reposto e as ferramentas precisas para o seu cambio.
  • Lembre que a roda de reposto debe estar revisada e coa presión de inflado correcta. É obrigatorio leva-lo gato e a chave de rodas.
  • Non esqueza os triángulos de emerxencia. En caso de emerxencia debe colocalos de xeito visible diante e detrás do automóbil a unha distancia de 50 metros.

Tamén convén levar

  • En caso de parada, entre a posta e a saída do sol, é recomendable o uso dun chaleco reflectinte.
  • Leve algún medio de identificación no que figure o grupo sanguíneo, alerxias e afeccións médicas dos ocupantes do vehículo, para que en caso de emerxencia se lles preste unha atención adecuada.
  • Un mapa de estradas, unha lanterna, cinta illante, un pano ou unhas ?pinzas? por se cómpre arranca-la batería, son utensilios que ocupan pouco espacio e que poden ser moi útiles en situacións apuradas.

Sancións

  • Conducir sen leva-lo carné de conducir ou o permiso de circulación múltase con 10 euros, e facelo sen te-lo permiso supón un desembolso de entre 150 e 900 euros, segundo o tipo de vehículo. Se o carné de conducir está caducado, a multa é de 150 euros.
  • Circular sen a tarxeta ITV ou sen o certificado da última inspección supón unha sanción de 10 euros. Se non se ten a tarxeta, a multa oscila entre 150 e 900 euros; se se circula coa tarxeta retida por unha estación ITV, sanciónase con 450 euros.
  • Se esqueceu a póliza do seguro obrigatorio ou o último recibo do seguro na casa, saiba que terá que aboar 60 euros. Circular sen seguro implica unha sanción de entre 600 e 3.000 euros. Se a entidade aseguradora non lle fixo chega-lo último recibo, dispón de 30 días para presentalo.

Relacións deste contido

Descargar esta información en PDF

PDF: Fai clic aquí para Descargar esta información en PDF (184 Kb)

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto