Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Economía Doméstica

Λ

Alarmas para o fogar: Unha barreira máis para os amigos das cousas dos demais

A elección do tipo de alarma débese basear no grao de seguridade que nós desexemos, non só no prezo

  A revolución tecnolóxica que se veu desenvolvendo en España nos últimos anos parece que non influíu no sector das alarmas antirroubo, cada vez máis solicitadas polos cidadáns para a súa instalación en vivendas. Aínda que a súa venda aumenta, os expertos recoñecen que aínda non se descubriu o sistema perfecto que asuste o ladrón e faga que se deteña antes de entrar na vivenda que pensa desvalixar. Malia ós avances no seu deseño, o funcionamento das alarmas antirroubo segue invariable: soa unha sirena no exterior, o caco vese descuberto e foxe.

O grande interese que as vivendas unifamiliares suscita entre os amigos das cousas dos demais explica que a instalación de alarmas neste tipo de construcción se convertese en algo habitual. Pero os propietarios destes inmobles non son os seus únicos usuarios. O número de alarmas en pisos aumentou nos últimos anos da man do incremento de roubos rexistrados. Nos seis primeiros meses do pasado ano presentáronse case 40.000 denuncias por roubo en España, o que significa un roubo aproximadamente cada 7 minutos. Estes datos amosan que as precaucións básicas, como a de non baixármo-las persianas por completo cando marchamos de vacacións e a de evitarmos comenta-las nosas saídas, non son abondas.

Aínda que a instalación dunha alarma no fogar non o converte en inexpugnable, si garante cando menos que pouco despois de que se producise o roubo a policía acuda na súa axuda, salvo que se trate dunha alarma que só emite ruído e non está conectada a ningunha central. Este é o ámbito onde se acadaron os maiores avances. Unha vez que se activa a alarma, a empresa é informada a través dunha central receptora; mediante un monitor faise eco de que a alarma saltou e chama axiña a policía. Se o roubo tivo lugar nunha empresa, a firma encargada da instalación e venda da alarma tamén chamará ó dono ou ó encargado.

Coidado coa "falsa alarma"

  Para asegurármonos de que o sistema de seguridade que queremos adquirir está conectado a unha central de alarmas, cómpre comprobar que a tenda ou a empresa onde a mercamos está inscrita no Rexistro de Empresas da Dirección Xeral da Policía. Deste xeito, a empresa vendedora, a través dun contrato de mantemento anual, comprométese a enviar un equipo de intervención ó domicilio en caso de intrusión. En total, teñen que facerse tres copias do contrato: cunha queda a empresa, con outra a policía e a última é para o cliente.

Unha vez que a alarma está instalada, o centro de vixilancia ponse en contacto co encargado ou dono da casa para comunicarlle a súa clave e contrasinal. En caso de que salte a alarma e ninguén marque o contrasinal, o centro chama por teléfono á casa e pídelle unha clave que só coñecen ambos. En caso de que o propietario se enganase ó marca-lo contrasinal, basta con dici-la clave por teléfono. Sen embargo, se a clave non é correcta, os axentes policiais presentaranse inmediatamente.

Se o motivo polo que salta a alarma é un descoido ou erro do propietario da casa e o erro se produciu dúas veces consecutivas, a terceira vez deberá pagar unha multa, recollida na lei, cun importe que oscila entre os 3.000 e os 30.000 euros.

Sistemas de alarma

A elección de alarma para un fogar débese basear no grao de seguridade que desexemos ou precisemos. Hai distintos sistemas de alarma e, a partir de aí, varios tipos, segundo as preferencias e posibilidades económicas do usuario. Vexámolos:

Sistema de radio:

traballa cunha frecuencia de radio, 433 megahercios, segundo a normativa europea de 1998. Está formado por unha consola, un teclado para conectar e desconecta-lo sistema e un mando. Tamén é compatible cunha cámara. Tanto a cámara coma o receptor poden funcionar con fontes de alimentación á rede ou coas baterías, para un funcionamento totalmente autónomo. As alarmas vía radio son as que máis se venden debido á súa cómoda instalación.

Vantaxes:

  • A súa instalación non require reforma ningunha no fogar.
  • Máis económico có sistema cableado.

Inconvenientes:

Menor grao de vixilancia có cableado.

Sistema de cableado:

Trátase do tradicional sistema de instalar cables por toda a casa, de xeito que non quede zona ningunha sen vixilancia.

Vantaxes:

Garante a vixilancia en toda a vivenda

Inconvenientes:

  • Non é posible a súa instalación sen un previo levantamento do chan ou paredes, segundo o caso, para coloca-los cables.
  • As custas da instalación e do mantemento son máis elevados.

Sistema volumétrico de sensores:

captan o movemento no campo de actuación determinado pola lonxitude de onda. Componse basicamente dunha unidade de control, unha consola, un teclado para conectar e desconecta-lo sistema ou eliminar zonas. A súa principal vantaxe (interesante para vivendas grandes): o dono pode estar nunha zona da casa e conecta-la alarma para que vixíe as estancias nas que non hai ninguén.

Vantaxes:

Garante unha seguridade activada polo propio usuario.

Inconvenientes:

A alarma pode saltar con maior facilidade có resto dos sistemas.

NOTA: Os tres sistemas devanditos comparten a vantaxe de que, cando detectan o salto dunha alarma, avisan a central receptora, que transmite 24 horas os 365 días do ano a unha central desde a que avisarán a policía.

Sistema de alarma simple:

non leva ningunha conexión externa, trátase dun sistema acústico. O obxectivo destas alarmas, baratas e de doada instalación, é facer fuxi-los intrusos co ruído.

Vantaxes:

  • Son as máis baratas, non precisan contratos de mantemento.
  • A súa instalación é moi sinxela: o propio usuario, seguindo o manual de instruccións, pode facela.

Inconvenientes:

Non están conectadas a unha central receptora, polo que a policía non acudirá en caso de que soe, salvo que alguén a avise.

Os prezos son moi diversos e dependen moito tanto do modo en que se instalen as alarmas coma das características da propia vivenda.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto