Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.
Os nosos incorrectos hábitos explican en boa medida os numerosos e graves accidentes que acontecen nas vías urbanas
No 2001, en España, rexistráronse en zonas urbanas case 55.000 accidentes de tráfico que xeraron máis de 75.000 víctimas, delas 974 mortais. Destas últimas, 337 eran peóns. Tendemos a pensar que a vía pública das nosas cidades acolle fundamentalmente accidentes de escasa relevancia, pero os datos revelan o equivocado desta idea.
CONSUMER realizou un estudio para comprobar, polo menos aproximadamente, por qué ocorren algúns destes accidentes (non se estudiaron infraccións graves como o exceso de velocidade ou a conducción baixo os efectos de bebidas alcohólicas) nun contorno aparentemente menos proclive ós accidentes de tráfico con víctimas.
O método seguido foi relativamente sinxelo: técnicos desta revista apostáronse durante varios días en Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao, A Coruña, Málaga, Alacante, San Sebastián, Vitoria, Pamplona, Murcia, Castellón e Logroño ante 8 semáforos, 6 pasos de peóns e 2 Stop con intersección en forma de "T" en cada cidade e anotaron as infraccións cometidas por conductores e peóns.
Os datos xurdidos do informe demostran que o grao de cumprimento das normas de tráfico nas nosas cidades é insuficiente e que os incorrectos hábitos de conductores e peóns explican en boa medida a frecuencia e gravidade dos accidentes que se producen nas vías urbanas.
No tocante ós conductores, os datos máis preocupantes son: o 27% non fixo adecuadamente o Stop (deter completamente o vehículo e ollar antes de continua-la marcha), o 8,5% pasou o semáforo en vermello ou ámbar e case o 40% non respectou o paso de peóns cando había peóns desexando cruza-la calzada. Pero os viandantes non amosaron un comportamento máis respectuoso coas normas de tráfico: o 20% dos peóns cruzou cando o semáforo estaba en vermello e o 10% cruzou o paso de peón sen mirar se viña un vehículo pola calzada. Pero isto non é todo: o 22% cruzou por lugares distintos dos pasos de peóns.
Volvendo ós vehículos, o 44% deles circulaba pola cidade cun ou con varios ocupantes sen o obrigatorio cinto de seguridade colocado, o 5% dos conductores falaba polo teléfono móbil mentres pilotaba o vehículo, o 14% efectuou unha manobra ou cambio de sentido sen realiza-la pertinente indicación coas luces intermitentes e o 8% invadiu o paso de peóns cando se detiña ante un semáforo en vermello.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI