Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Teléfonos sen fíos dixitais: O máis barato, elixido como mellor opción

Os teléfonos sen fíos dixitais ofrecen un son máis claro e comunicacións máis seguras cós analóxicos

Un por un, oito teléfonos sen fíos DECT

PHILIPS XALIO 200

  •  62,19 euros
  • Calidade global: moi ben.
  • A mellor relación calidade-prezo. O máis barato. Batería de níquel-cadmio: co indesexable "efecto memoria" e máis contaminante. Dos que menos prestacións adicionais ofrecen (10). O peor en valoración funcional e ergonómica (2,9 puntos sobre 5), pero o mellor en calidade de son (4,7 puntos sobre 5).

SIEMENS Gigaset A100

  •  69,56 euros
  • Calidade global: moi ben.
  • Outra opción interesante. Batería de níquel-cadmio: con "efecto memoria" e máis contaminante. O que menos prestacións adicionais ofrece (8). Valoración funcional e ergonómica: 3,2 puntos de 5. En calidade de son: 3,9 puntos sobre 5.

OVERTECH DECT B-060

  •  69,00 euros
  • Calidade global: ben.
  • O segundo máis barato. Non superou a proba de compatibilidade electromagnética, o que pode facer que se corten algunhas chamadas. Batería de níquel-metalhidruro, sen "efecto memoria". Dos que contan con máis autonomía (máis de 120 h en espera e 585 min. en conversa). O que máis prestacións incorpora (22). En valoración funcional e ergonómica: 4,2 puntos de 5 e en calidade de son 4,5 puntos de 5; en ámbolos casos, o segundo mellor.

MX-ONDA MX-TF1925

  •  75,46 euros
  • Calidade global: normal.
  • Batería de níquel-metalhidruro, sen "efecto memoria". A segunda peor autonomía en funcionamento (90,5 h en espera e 345 min. en conversa). A cobertura máis baixa en campo aberto (174 metros). A axenda con maior capacidade para memorizar números de teléfono (ata 50 números). En valoración funcional e ergonómica, o segundo mellor, 4,2 puntos de 5, e en calidade do son, o segundo peor, 3 puntos.

TELECOM DCT400

  •  76,2 euros
  • Calidade global: ben.
  • Non superou a proba de compatibilidade electromagnética, o que pode provocar que se corten algunhas chamadas. O teléfono máis lixeiro (95,3 gramos). Batería de níquel-metalhidruro, sen "efecto memoria". Dos mellores en duración das baterías (111 h en espera e 615 minutos en conversa). O que máis terminais acepta nunha mesma base. En valoración global funcional e ergonómica: 3,8 puntos de 5. En calidade do son: 2,3 puntos sobre 5, a peor.

DAEWOO ADP-1000

  •   93,2 euros
  • Calidade global: normal.
  • A garantía máis longa (2 anos). Non superou a proba de compatibilidade electromagnética, o que pode facer que se corten algunhas chamadas. Batería de níquel-cadmio, con "efecto memoria" e máis contaminante. A de menor autonomía (86 horas en espera e 345 minutos en conversa). Na valoración subxectiva da calidade do son, 3,7 puntos de 5. En valoración global funcional e ergonómica, 4,3 puntos de 5.

BRIGMTON BDECT-2000

  •  95,56 euros
  • Calidade global: ben.
  • O segundo máis caro. Sen garantía. O auricular máis pesado (142,5 gramos). Batería de níquel-cadmio, con "efecto memoria" e máis contaminante. Acepta o maior número de letras por memoria (ata 30 caracteres). En valoración funcional e ergonómica, o segundo peor, 3 puntos de 5. En calidade do son: 3,5 puntos de 5.

SAGEM DCP 300

  •   108,51 euros
  • Calidade global: ben.
  • O máis caro. Sen garantía. Un dos auriculares máis lixeiros (95,5 gramos). Batería de níquel-metalhidruro, sen "efecto memoria". Xunto co de Mx-Onda, o menor número de caracteres por memoria (ata 20). En valoración funcional e ergonómica, 3,4 puntos de 5. En calidade do son: 3,1 puntos de 5.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto