Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Teléfonos sen fíos dixitais: O máis barato, elixido como mellor opción

Os teléfonos sen fíos dixitais ofrecen un son máis claro e comunicacións máis seguras cós analóxicos

  Analizáronse oito teléfonos sen fíos que utilizan a tecnoloxía dixital DECT, que mellora a seguridade nas comunicacións e reduce as interferencias. Os prezos foron moi dispares: desde os 62 euros de Philips Xalio 200 ata os 109 euros de Sagem DCP 300. O modelo de Philips é a mellor relación calidade-prezo, por se-lo máis barato e ofrece-la maior calidade global, aínda que os seus manuais e menús foron os peor valorados. Siemens Gigaset A 100 é outra boa opción, por ser un dos máis baratos (70 euros) e proporcionar tamén unha calidade moi boa.

Os teléfonos DECT seleccionan entre máis de 120 canles de radio a idónea para transmitir en cada momento, polo que ofrecen maior cobertura sen interferencias e un son máis cristalino cós analóxicos. Ademais, ó igual cós teléfonos móbiles actuais, emiten e reciben en formato dixital, polo que a privacidade das conversas está máis protexida. Están compostos, ó igual cós teléfonos sen fíos convencionais, dunha base enchufada a unha toma telefónica e dun auricular desde o que se poden recibir ou realizar chamadas desde varias decenas (ou, mesmo, centos) de metros da base.

Un dos criterios fundamentais para medi-la súa calidade é que pesen o menos posible, xa que moitas persoas na casa optan por levaren estes aparellos sempre enriba. Os auriculares máis lixeiros (incluída a batería) foron Telecom (95,3 gramos) e Sagem (95,5 gr.), mentres que Brigmton (142,5 gr.) e Siemens (141,3 gramos) resultaron notablemente máis pesados.

Baterías ben distintas

A metade dos teléfonos (Philips, Brigmton, Siemens e Daewoo) funcionan con baterías de níquel-cadmio, que, amais de seren máis contaminantes, sofren o "efecto memoria": se non se descargan e cargan completamente en cada ciclo, van reducindo paulatinamente a súa capacidade, polo que un uso incorrecto as torna inservibles. Os outro catro (Telecom, Mx-Onda, Overtech e Sagem) contan con baterías de níquel-metalhidruro e evitan os problemas anteriores.

Overtech dispón das baterías máis duradeiras (120 horas en espera e 585 minutos en conversa), seguido por Telecom (111 horas en espera e 615 minutos en conversa). Os teléfonos sen fíos con menor independencia son os de Daewoo e Mx-Onda (345 minutos en conversa e entre 86 e 90,5 horas en espera).

O radio de cobertura no interior dun edificio cobre sen problemas un piso de amplas dimensións, polo que na proba práctica non se mediu este punto, senón que se incidiu en cómo se desenvolve cada teléfono sen fíos en espacios abertos. Philips, Siemens e Overtech roldaron o medio quilómetro (449 metros) de alcance. Mx-Onda (174 metros) e Daewoo (196 metros) brindaron o alcance máis curto.

Resistencia ás caídas

Estes aparellos son moi susceptibles de caeren ó chan, polo que se comprobou a súa resistencia mediante un test (25 voltas no barril de volteo) que simula cincuenta caídas. Tódolos teléfonos seguiron funcionando ó remata-la análise e non sufriron estragos, polo que se pode deducir que os oito son moi resistentes.

Os teléfonos sen fíos ofrecen cada vez máis prestacións adicionais á de facer e recibir chamadas. Algunhas opcións son comúns nos móbiles (memorización de números de teléfono, asignación de nomes a eses números, bloqueo do teclado...), pero outras, como o aviso acústico de fóra de cobertura ou a función de interfono infantil (presente en Telecom e Overtech), son únicas destes aparellos.

A capacidade de memorizar números é moi variable: Sagem, Overtech e Mx-Onda permitiron almacenar 20, 40 e 50 teléfonos respectivamente. O resto só é capaz de gardar dez rexistros, os mesmos cá maioría de teléfonos de sobremesa. Telecom e Overtech foron os terminais con máis prestacións (21 o primeiro e 22 o segundo), mentres que Siemens, con oito, resulta o máis parco en funcións adicionais. A función de bloqueo do teclado, unha das máis interesantes nun aparello pensado para non estar sempre no mesmo sitio, faltou en Philips, Mx-Onda e Sagem.

Bases e teléfonos

Unha das vantaxes máis significativas dalgúns teléfonos sen fíos dixitais é a súa capacidade para realizar chamadas gratuítas entre diferentes auriculares adscritos a unha mesma base. É dicir, un usuario pode adquirir máis dun auricular (tamén se venden por separado), "conectalos" a unha base, e chamar dun teléfono a outro sen que iso teña ningún reflexo na factura telefónica. Para iso, como é lóxico, é imprescindible que os dous terminais estean no radio de cobertura da base.

Deste xeito, resulta sinxelo e cómodo crear unha rede telefónica interna para casas de gran tamaño. Esta tecnoloxía tamén permite conectar dúas bases a dúas liñas de teléfono e controla-las chamadas das dúas desde un único auricular.

Se os auriculares desta rede doméstica contan coa tecnoloxía GAP (presente en Brigmton, Telecom, Daewoo, Mx-Onda e Overtech) é posible enviar e recibir chamadas internas gratuítas aínda que os teléfonos sexan de marcas distintas. Siemens é o único teléfono que non indica se a súa base admite máis dun auricular, no resto, o número máximo é variable: desde os catro de Brigmton ata os sete de Telecom.

Proba práctica

Tres usuarios habituais desta clase de teléfonos puntuaron de 1 a 5 diversos aspectos de cada modelo. Todos aprobaron, pero con notables diferencias. Daewoo (4,3 puntos sobre cinco), seguido por Mx-Onda e Overtech (ambos, 4,2 puntos) foron os mellor valorados, sobre todo pola claridade dos seus manuais, menús de pantalla e doado uso. No extremo oposto, Philips (2,9 puntos) e Brigmton (3 puntos) fallaron no manual, menús, controis e ergonomía (tamaño e peso).

Outra proba subxectiva levada a cabo polos tres usuarios consistiu en valora-la calidade do son tanto no interior (con boa e mala cobertura) coma no exterior (só con mala cobertura). Philips (4,7 puntos de 5) demostrou a mellor calidade de son nas tres condicións, seguido de Overtech, con 4,5 puntos. A peor valoración correspondeulle a Telecom, que foi o único que non chegou ó aprobado neste test (2,3 puntos sobre 5).

Co fin de analiza-la compatibilidade electromagnética dos teléfonos mediuse a súa inmunidade fronte a descargas electrostáticas, é dicir, simulouse o que unha persoa cargada de electricidade estática provoca cando toca o auricular. A electricidade estática pódese xerar por camiñar sobre unha moqueta ou permanecer nun ambiente con pouca humidade. No peor dos casos, unha descarga deste tipo cortaría a chamada e obrigaría a realizala outra vez, co custo que iso supón. Comprobouse que os teléfonos Siemens, Mx-Onda e Sagem obtiveron unha moi boa valoración nesta proba. En Philips e Brigmton producíronse algunhas anomalías, pero seguiron funcionando trala descarga. Pola contra, a comunicación perdeuse en Telecom, Daewoo, e Overtech, polo que incumpriron a normativa.

Os oito teléfonos analizados superaron as probas físicas de seguridade, aínda que nos manuais de Daewoo non se incluíu información relativa a este punto. Brigmton e Sagem incumpriron a normativa ó non incluíren a garantía mínima de seis meses que marca a norma.

No resto, a duración da garantía foi dun ano, excepto Daewoo, que ofreceu o dobre adaptándose á Directiva europea que en breve adoptará o noso país.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto