Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Zumes de laranxa envasados, a partir de concentrado: Non todos teñen a calidade esixible

UN POR UN, siete zumes de laranxa

ZUMOSOL

  •   0,74 euros/litro.
  • Calidade global: boa.
  • A mellor relación calidade-prezo. Enriquecido en vitamina C, é o que maior cantidade contén (86 mg/100 ml). Máis sodio do recomendable. Na cata, o mellor, 6,1 puntos: elóxiase o equilibrio entre dozura e punto de acidez.

DON SIMÓN

  •   0,64 euros/litro, barato.
  • Calidade global: boa.
  • Outra opción interesante. Enriquecido en vitamina C. Máis sodio do recomendable. Engade azucre, en cantidade conforme á norma. Na cata, 5,8 puntos: salienta positivamente a súa dozura e punto de acidez.

HERO

  •   0,91 euros/litro, o máis caro.
  • Calidade global: boa.
  • Etiquetaxe incorrecta, por facer alusión a vitaminas sen menciona-la súa cantidade. Na cata, 5,9 puntos: destacan positivamente a súa dozura e punto de acidez.

JUVER

  •   0,71 euros/litro.
  • Calidade global: boa.
  • Etiquetaxe incorrecta: a súa denominación "100% zume de laranxa" non figura na norma. A correcta é "Zume de laranxa". O segundo con menos vitamina C, aínda que a cantidade sexa correcta. Na cata, 4,3 puntos: criticouse o seu sabor ácido e artificial e a súa cor escura.

KASFRUIT

  •   0,70 euros/litro.
  • Calidade global: boa.
  • Enriquecido en vitamina C e E. Un dos de máis vitamina C. Na cata, o peor, con 4,1 puntos: salienta negativamente o seu sabor ácido e artificial.

LA VERJA

  •   0,72 euros/litro.
  • Calidade global: deficiente, non conforme ás recomendacións de calidade para este producto.
  • Etiquetaxe incorrecta: indica "Sen colorantes" cando non pode empregalos, e engade azucre sen indicalo como ingrediente. A cantidade de froita empregada é inferior á recomendada. Na cata, 5,6 puntos: mal valorada a cor.

COFRUTOS

  •   0,54 euros/litro, o máis barato.
  • Calidade global: deficiente, non conforme ás recomendacións de calidade para este producto.
  • Etiquetaxe incorrecta: engade azucre sen indicalo como ingrediente. Perfil inadecuado de minerais. Engade simultaneamente ácido cítrico e azucre, que non está permitido. O seu contido en vitamina C (11,6 mg/100 ml) e a cantidade de froita empregada son inferiores ós recomendados. Na cata, 5,5 puntos: mal valorada a cor.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto