Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Zumes de laranxa envasados, a partir de concentrado: Non todos teñen a calidade esixible

En síntese

  • Analizáronse 7 zumes de laranxa elaborados a partir de concentrado e envasados en cartóns de 1 litro, con prezos desde os 0,54 euros ata os 0,91 euros.
  • A etiquetaxe é incorrecta en catro mostras. As razóns: adición de azucre ó zume sen declaralo, indicación de "Sen conservantes" cando non os teñen permitidos, utilización de denominacións incorrectas como "100% zume de laranxa" e facer mención a vitaminas sen cuantifica-lo seu contido.
  • Os de máis calidade son Hero, Juver e Kasfruit. Nun nivel intermedio figuran Zumosol e Don Simón; os peores son La Verja e Cofrutos, que incumpren as recomendacións de calidade para estes zumes.
  • O maior contido en vitamina C (86 mg/100 ml) anotouse en Zumosol, enriquecido con esta vitamina. Don Simón e Kasfruit, tamén enriquecidos, ofrecen tamén un alto contido en vitamina C.
  • Consumindo a cotío un vaso (200 ml) destes zumes, agás o de Cofrutos (con diferencia, o de menos vitamina C), cubrímo-las nosas necesidades desta vitamina esencial. A vitamina destes zumes é tan proveitosa para o noso organismo coma a dun zume natural a partir de laranxas.
  • Na cata os mellores foron Zumosol e Hero, con 6,1 e 5,9 puntos respectivamente.
  • A mellor relación calidade-prezo é Zumosol: unha calidade global boa, o mellor na cata, o de máis vitamina C e cun prezo próximo á media.

TÁBOA COMPARATIVA

Marca ZUMOSOL DON SIMÓN HERO JUVER KASFRUIT LA VERJA COFRUTOS
Prezo (euros / litro) 0,74 0,64 0,91 0,71 0,70 0,72 0,54
Etiquetaxe Co- rrecte Co- rrecte Inco- rrecte Inco- rrecte Co- rrecte Inco- rrecte Inco- rrecte
Graos brix1 11,6 11,1 12 11,6 11,7 11,4 11,2
pH 3,8 3,6 3,8 3,7 3,7 3,4 3,5
Acidez (ác. cítrico g/l) Con- forme Con- forme Con- forme Con- forme Con- forme Con- forme Con- forme
Ác. cítrico / ác. Isocítrico2 Con- forme Con- forme Con- forme Con- forme Con- forme Con- forme Non conforme
Índice de formol3 Con- forme Con- forme Con- forme Con- forme Con- forme Non conforme Con- forme
Vitamina C (mg/100 ml)4 86,3 75,1 49,2 34,7 64,7 47,1 11,6
Aromas Con- forme Con- forme Con- forme Con- forme Con- forme Con- forme Con- forme
Azucre engadido5 Non Si Non Non Non Si Si
Emprego de zumes
distintos do de laranxa
Non Non Non Non Non Non Non
Adición excesiva
de auga6
Non Non Non Non Non Si Si
Estado microbiolóxico Co- rrecte Co- rrecte Co- rrecte Co- rrecte Co- rrecte Co- rrecte Co- rrecte
Calidade global Con- forme Con- forme Con- forme Con- forme Con- forme Non Conforme Non Conforme
Cata (1 a 9) 6,1 5,8 5,9 4,3 4,1 5,6 5,5

Os Con- forme e No conforme conforme refírense a se o zume cumpre o fixado na guía de recomendacións da AIJN (Asociación Industrial de Zumes e Néctares), asumida polos máis dos fabricantes como un código de boas prácticas de elaboración.

(1) Graos Brix: é unha medida indirecta do contido en zume do producto. Tódolos valores foron correctos.

(2) Ác. cítrico / Ác. Isocítrico: este parámetro serve para comproba-la posible adición de ácido cítrico, non permitida se se engade tamén azucre.

(3) Índice de formol: relacionado co grao de extracción e coa madurez da froita.

(4) Vitamina C (mg/100 ml): a cantidade existente en Cofrutos é inferior á que cabe agardar nun zume de laranxa. As tres mostras que conteñen máis vitamina C engádenlla ó seu producto.

(5) Azucre engadido: permítese a adición de ata 15 gramos de azucre por litro de zume. En dúas mostras esta adición non é correcta, pois non se indica na etiqueta.

(6) Adición excesiva de auga: compróbase mediante o perfil de minerais e a porcentaxe de extracto libre de azucre. Esta adición excesiva de auga en dous zumes revela que o seu contido en froita é inferior ó recomendado pola AIJN.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto