Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

^

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Un dos cónxuxes adquiriu a vivenda antes do matrimonio

Un mozo adquiriu unha vivenda a prazos, exclusivamente ó seu nome, tres meses antes de contraer matrimonio. Os dous primeiros prazos pagounos el pero os posteriores aboáronse a cargo da sociedade de gananciais. Poucos anos despois, o matrimonio separouse, considerando a esposa que a vivenda era un ben ganancial, ó que se opuña o outro cónxuxe. Presentado o asunto ante os tribunais, a Audiencia Provincial outorgoulle a razón á esposa. O home recorreu ó Tribunal Supremo. En sentencia do 4 de decembro do 2002, o Supremo puntualiza que os bens adquiridos en vésperas de contraer matrimonio por un dos futuros cónxuxes, correndo os prazos do pagamento a cargo da sociedade de gananciais, teñen carácter ganancial, cousa que, sen embargo, considerou que non ocorría no presente caso. Neste asunto, aínda sendo certo que a data de adquisición da vivenda foi moi próxima á celebración do matrimonio, antes deste venceron dous prazos pagados polo esposo e, trala separación, foi o esposo quen continuou aboando os prazos ata o completo pagamento. Por tanto, a sociedade de gananciais ten dereito ó reintegro dos prazos aboados só durante o prazo de convivencia.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto