Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Inflou un globo que máis tarde estoupou causando lesións

 Con ocasión das festas dunha vila, varias mozas solicitáronlle a un rapaz que inchase varios globos para soltalos na festa. O rapaz, a iniciativa propia, acudiu ó taller onde traballaba como mecánico-carroceiro e alí inflou os globos cunha mestura de osíxeno con acetileno. Un dos globos estourou e o estoupido provocoulle a unha moza lesións nos oídos que lle xeraron perforación de ámbolos tímpanos e hipertrofia amigdalar. Polos danos, secuelas e gastos sufridos, demandou ó rapaz e ó Concello, que foron absoltos en primeira instancia. Pero en segunda instancia, a Audiencia Provincial, mantendo a absolución a favor do Concello, condenou o outro demandado a indemniza-la víctima. No xuízo non quedou probado que o globo estoupase pola acción dun terceiro (por exemplo, alguén que achegase un cigarro ó globo) como mantiña o rapaz que os inflara. Por iso, o Tribunal Supremo, en sentencia do 13 de decembro do 2002, mantén os criterios da Audiencia Provincial e puntualiza que o demandado non actuou con intención de danar pero si con falta de prudencia e sen se ater ás normas de cautela. Polo que o condena a indemniza-la rapaza con 20.500 euros.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto