Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Como consecuencia dun accidente, un conductor faleceu na saída dunha autoestrada. O vehículo saíuse da calzada nesa saída, deseñada cunha curva moi pechada e perigosa e sen gardarraís. As pegadas de freado e as manifestacións dun dos ocupantes do vehículo acreditaron o exceso de velocidade do vehículo. O cónxuxe e os fillos do finado presentaron unha reclamación á Administración Pública que, denegada por silencio administrativo, foi recorrida en vía contencioso-administrativa. A Audiencia Nacional estimou parcialmente o recurso ó considerar que había relación entre o estado da estrada, sen gardarraís, e o accidente, pero tamén atopou culpa no conductor. Aplicando o criterio da concorrencia de culpas, concedeu unha indemnización inferior á solicitada. A Administración Pública recorreu a sentencia ante o Tribunal Supremo, ó entender que a única causa do accidente foi o exceso de velocidade, pero o Supremo desestimou o recurso. Segundo o Supremo, en sentencia do 23 de decembro do 2002, a responsabilidade da Administración é obxectiva e tócalle a ela proba-la neglixencia da víctima co fin de se eximir de toda responsabilidade.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI