Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Atrásase un ano a entrega da vivenda para uso de vacacións

Recibín unha carta do constructor informándome do prazo que teño para realizar alegacións debido ó atraso de máis dun ano na entrega dunha vivenda. Trátase da adquisición dun apartamento para as vacacións. ¿É posible solicitar indemnización ó respecto? No contrato non se menciona este caso, nin se exime ó constructor do incumprimento na data de entrega nin se contemplan as dilixencias que eu poida realizar por ese incumprimento. ¿Existe algunha lei que me ampare neste suposto? ¿Que tipo de compensación podo esixir? En ningún caso quero rompe-lo contrato e obviamente xa non podo esixi-lo obrigado cumprimento do mesmo.

  Nun contrato de compravenda de vivenda é posible regula-la obriga de entrega da vivenda, en construcción, establecendo un prazo para iso e unha penalización económica a favor do comprador por períodos determinados de atraso na entrega. Se o atraso na entrega pactado frustra o interese do comprador, pódese acudir incluso á resolución do contrato, salvo que se opte pola aplicación da penalización económica pactada ou por unha indemnización de perdas e danos acreditados.

Nesta consulta, entre constructor e comprador concertouse un contrato de compravenda dun apartamento de vacacións sen regula-la obriga de entrega do vendedor en prazo contractual. Segundo a xurisprudencia, non se pode afirmar que a entrega dentro dun período determinado fose un elemento esencial .Sen embargo, malia a non existir un prazo de entrega acordado por escrito, pódese deducir do contrato e da carta recibida a existencia dun prazo pactado verbalmente, constando o recoñecemento do constructor do retardo. Pódese solicitar unha indemnización polas perdas e danos causados polo atraso.

Pero, amais dun probable dano moral difícil de cuantificar e de prosperar, o prexuízo está na imposibilidade de gozar durante máis dun ano do apartamento para as vacacións: verán, Semana Santa, fins de semana ou pontes... Cumprirá cuantifica-los prexuízos neste sentido, comproba-los documentos e reclama-los gastos que se soportaron ó gozar dos períodos de vacacións noutro aloxamento. Máis outros gastos que se ocasionaran polo atraso. Poderíase alegar que se frustraron as expectativas de alugarlle o apartamento a un terceiro, coa conseguinte perda económica. Se non hai acordo, haberá que pensar en acudir ós tribunais, sempre e cando se acrediten os danos sufridos e a súa cuantificación.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto