Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Subíronlle o prezo nunha compra confirmada por Internet

Realicei un pedido por Internet no que o prezo unitario do artigo ascendía a 29,50 euros, aínda que en total solicitei 6 unidades dese producto. Efectuei o ingreso na conta indicada e o pedido foi aprobado. Quince días máis tarde reclameino, xa que o tempo de entrega estimado era de 5 días. A resposta foi que, debido a un erro tipográfico, o prezo unitario era de 38,06 euros e que debía engadi-la cantidade complementaria para seguir adiante co pedido; en caso contrario devolveríanseme os cartos. Como consumidor, ¿asísteme algún tipo de dereito legal neste tipo de situacións?

  De acordo coa Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios a oferta, promoción e publicidade dos productos débense axustar á súa natureza, características e condicións. O contido da oferta, tanto as prestacións propias do producto coma o resto das condicións e garantías ofrecidas, serán esixibles polos consumidores. A lei tamén obriga a que os productos postos á disposición dos consumidores e usuarios teñan unha información veraz, eficaz e suficiente, indicando con claridade e de xeito diferenciado o prezo do producto ou servicio e o importe dos incrementos ou descontos. Pola súa banda, a Lei de Ordenación do Comercio polo Miúdo sinala que a oferta pública de venda obriga a realiza-la transacción a favor dos demandantes que cumpran as condicións de adquisición ofertadas.

Neste caso, o vendedor incumpre a súa propia oferta de venda. E tamén un contrato de compravenda xa perfeccionado. Segundo a modificación introducida no Código Civil pola Lei 34/2002 de Servicios da Sociedade de Información e de Comercio Electrónico, o contrato considérase perfeccionado desde que o consumidor emite a aceptación da oferta dirixida ó vendedor por medios automáticos, polo que, neste caso, o contrato xa era perfecto desde que se emitiu o correo electrónico realizando o pedido e aceptando as condicións ofertadas na web. Pero, ademais, o encargo foi aprobado expresamente e cumpriuse coas obrigas realizando o pagamento. En termos legais, esta situación permite optar entre esixi-lo cumprimento, é dicir, requirirlle ó vendedor a entrega do adquirido, ou a resolución do contrato coa devolución do prezo aboado e, en ámbolos caso, con resarcimento de perdas e danos e aboamento de xuros.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto