Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Medio natural

Λ

Agricultura de conservación: Máis compasiva co medio natural

Con este tipo de agricultura o solo deteriórase menos

  A agricultura convencional desprega nos solos de cultivo prácticas utilizadas desde tempos inmemoriais, pero que se tornan prexudiciais para o medio natural. Técnicas como a queima dos restos da colleita (restrebas) ou a voltear ou ara-lo solo (labrado) para controla-las malas herbas e prepara-lo leito de sementeira, incrementan problemas como a erosión e a compactación do solo. Ademais, algunhas destas técnicas convencionais contaminan as augas superficiais con fertilizantes e pesticidas, diminúen a materia orgánica do solo e aumentan a emisión de CO2 á atmosfera. Pero hai outro xeito máis coidadoso de cultiva-la terra, a "agricultura de conservación", que consiste nunha serie de prácticas agronómicas que permiten un manexo do solo que altera a súa composición, estructura e biodiversidade, defendéndoo da erosión e da degradación.

Igual de rendible

Algunhas das súas técnicas son a sementeira directa sen labrado, o labrado reducido á súa mínima expresión, a non incorporación -ou a incorporación parcial- dos restos da colleita, e o establecemento de cubertas vexetais para protexe-lo solo en cultivos leñosos (árbores e arbustos utilizados para a obtención de froitos ou planta forestal).

Ó parecer, a agricultura de conservación é tan rendible coma a convencional, se ben esixe gastos iniciais de maquinaria específica para a sementeira.

Este tipo de agricultura incorpora técnicas que reducen, cambian ou eliminan ara-lo solo e evitan a queima da restreba para manter unha cobertura de residuos vexetais no solo abonda ó longo de todo o ano. Deste xeito, o solo queda protexido da erosión e da auga da chuvia, ó tempo que aumenta de xeito natural a súa estabilidade, o seu contido orgánico e o seu nivel de fertilidade. Todo isto contribúe a diminuír en boa medida a contaminación das augas superficiais e a emisión de CO2 á atmosfera, amais de favorece-la biodiversidade.

Máis materia orgánica no solo

O que se consegue coa agricultura convencional, na que a maioría das operacións de cultivo están dirixidas a solta-la terra, é precisamente todo o contrario. Co labrado aumenta o volume de osíxeno na terra, e isto supón a maior mineralización e a reducción de materia orgánica do solo, que é, ó mesmo tempo, o substrato para a vida do solo. A experiencia demostrou que as técnicas conservacionistas superan en moito á mera reducción da labranza mecanizada.

Nunha terra que non se labra durante moitos anos, os residuos da colleita permanecen na superficie da terra e producen unha capa de cobertura vexetal. Esta capa protexe a terra da chuvia e do vento, e estabiliza a humidade da terra e a temperatura nos estratos superficiais. Dese xeito, esta zona convértese en hábitat propicio para diversos organismos, desde grandes insectos ata fungos e bacterias. Eses organismos maceran o mofo, mesturándoos e incorporándoos coa terra e descompóñeno para que se converta en humus e contribúa á estabilización física da estructura da terra. Ó mesmo tempo esta materia orgánica da terra cumpre unha función de almacenamento para a auga e os nutrientes.

No mundo e no noso país

  A agricultura de conservación foi promovida en varios lugares do mundo. Estímase que no 2001 había 60 millóns de hectáreas dedicadas á sementeira directa no planeta. España, cos seus 1,2 millóns de hectáreas dedicadas a este tipo de agricultura dun total de 15 millóns de hectáreas cultivadas, ocupa un bo lugar na lista de países. A Península Ibérica é unha das zonas nas que a agricultura de conservación pode proporcionar maiores beneficios. As súas condicións climatolóxicas e topógrafas son perfectas para favorece-los procesos erosivos, acentuados nas últimas décadas co labrado intensivo. O 50% do solo agrario sofre un risco de erosión medio-alto, e nalgunhas rexións, a proporción ascende a un 70%.

A comezos dos 80, iniciáronse en España unha serie de ensaios para estudia-la adaptación destas técnicas ó ecosistema da península, dadas as potenciais vantaxes e a alta adaptación con que xa contaba noutras partes do mundo. Algúns destes ensaios contan xa con 15 anos, e todos eles demostraron unha interesante viabilidade económica, con aforros de custos e tempo, que se engaden ás vantaxes ambientais e agronómicas.

A maior aplicación corresponde a cereais de inverno (trigo e cebada) cunhas 700.000 hectáreas, e ó millo, con 50.000 hectáreas. Actualmente estase estendendo noutros cultivos, como colza, chícharo, garavanzo, remolacha, liño, algodón...

No tocante ós cultivos perennes, o sistema de cubertas vexetais estase difundindo en campos de oliveiras, de árbores froiteiras (cítricos, pereiras, pexegueiros e vide) e en sistemas forestais (eucalipto, devesas, repoboacións forestais). O labrado, ó abri-la terra, acaba coa cuberta natural e desagrega as partículas do solo. Cubri-lo solo é o xeito máis eficaz de loitar contra a súa erosión e degradación. Para iso, pódense empregar cubertas vexetais vivas ou inertes. A cuberta vexetal viva, amais de intercepta-las pingas de auga de chuvia, aumenta a velocidade de infiltración do terreo.

Vantaxes económicas

  •   A agricultura convencional require maiores investimentos para a compra e mantemento da maquinaria, e supón un maior gasto en combustible e man de obra cá agricultura de conservación. Este aforro de custos normalmente compensa certos gastos extra das técnicas conservacionistas, como a adquisición de sementadoras de "sementeira directa". En xeral, coa agricultura de conservación redúcese o consumo de enerxía e auméntase a productividade enerxética, a proporción entre o rendemento enerxético obtido e a enerxía consumida na producción.
  • A sementeira directa (o non labrado) require unha única operación ou pase de maquinaria para a sementeira, no canto das dúas ou tres operacións precisas para a preparación do solo e a sementeira que se requiren na técnica convencional. Isto fai que se reduzan os custos de adquisición e mantemento de maquinaria nuns 97 euros por hectárea e ano.
  • Permite un aforro de combustible de 31,5 litros de gasoil por hectárea e ano respecto da convencional.
  • En campos de oliveiras en réxime de non labrado afórranse entre 60 e 80 litros de gasoil e de 3 a 5 horas de traballo por hectárea e ano.
  • Segundo os seus defensores, non se trata dunha agricultura de baixo rendemento e permite produccións comparables coa intensiva convencional. No curto prazo, as desvantaxes poderían se-los gastos iniciais en equipos especializados de sementeira e os xerados por unha nova dinámica de traballo, que require un proceso de aprendizaxe no labrego.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto