Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Gravadoras de DVD: De cine

O DVD é un CD con moita máis capacidade, no que cabe ata unha película

  Como acontece con toda tecnoloxía que xorde nova, córrese o perigo de que da precipitación á hora de mercar unha gravadora de DVD resulte un mal investimento. Existen varios xeitos de almacena-los datos en DVD, o que significa que hai distintos tipos de gravadoras. E só un triunfará. O xeito de gravar datos nun DVD non sería relevante para o consumidor se non fose porque se pode atopar coa desagradable sorpresa de que o seu lector é incapaz de reproducir algúns DVD gravados en formatos incompatibles. Antes coñecido como 'Vídeo Disco Dixital' e despois como 'Disco Versátil Dixital', DVD xa non é un acrónimo. É 'só' DVD: a tecnoloxía que axiña se fará dona dos fogares. Logo dun comezo vacilante, o DVD peta á porta para conquistar todo o entretemento doméstico.

Un formato con futuro

A pouco máis dun lustro do seu lanzamento, gracias finalmente ó apoio dos grandes fabricantes de electrónica e informática e dos estudios de cine e de música, converteuse nun dos productos electrónicos de penetración máis rápida de tódolos tempos. A competencia no mercado é tal que os prezos caen a un ritmo vertixinoso. Unha gravadora para PC xa anda arredor dos 300 euros (entre 1.000 e 1.500 euros de ser unha que grave directamente desde a televisión) e os discos virxes pódense acadar por menos de tres euros. DVD é un disco óptico de gran capacidade de almacenamento, o que o converte no soporte ideal para manexar enormes cantidades de datos, audio de maior calidade ca un CD e vídeo de calidade de cine. Ten unha aparencia case idéntica ó CD-ROM, pero supera amplamente os 650 MB deste. Un dos seus grandes atractivos é que mantén a compatibilidade cos CD de música e CD-ROM, que se poderán seguir reproducindo sen problemas nos lectores de DVD. Así, converteuse no substituto a curto prazo do CD-ROM e a medio prazo do vídeo VHS. Tamén está chamado a enterra-lo reproductor de CD, o laserdisc (aqueles discos prateados do tamaño dun vinilo) e os cartuchos de videoxogos.

Máis ca películas

O DVD identifícase a miúdo co cine. Pero, como o seu nome indica, é un disco versátil: un soporte que pode albergar datos de calquera tipo: programas, xogos, música, vídeo...

O que acontece é que a súa gran capacidade o converte no aliado ideal da imaxe en movemento. Os máis simples gravan ata 4,7 GB (7,2 veces a capacidade dun CD-ROM), espacio abondo para albergar dúas horas de vídeo, banda sonora surround de 5+1 canles e subtítulos en varios idiomas. Pero hainos que alcanzan ata 17 os GB. Ademais, len e escriben datos máis rapidamente.

Non é de estrañar, polo tanto, que se un só DVD pode 'transportar' unha película con gran calidade, se convertera en substituto do vídeo. Pero o DVD-ROM tamén é un gran complemento ó disco duro para almacenar datos dun PC.

Maraña de siglas

As gravadoras de DVD trouxeron unha auténtica ensalada de siglas, entre as que é doado que o consumidor se perda. É importante distingui-los 'formatos de aplicación' (basicamente, vídeo, audio e datos) e os de 'gravación' (DVD-RAM, DVD-RW e DVD+RW).

O DVD-Vídeo, empregado para as películas, é sen dúbida o máis coñecido (de feito chámase a miúdo simplemente DVD), mentres que os DVD-Audio aínda non calaron entre o público. Os DVD-ROM (os de datos) son os irmáns máis vellos do CD-ROM e só se poden reproducir nos lectores dos ordenadores. Almacenan datos que, por suposto, tamén poden ser películas. Pero os DVD non só se poden reproducir, xa se poden gravar... na casa. E coas gravadoras chega o galimatías de siglas que teñen que ver co modo de gravación e cos tipos de discos.

Loita entre sistemas

A industria está en medio da batalla, polo que apostar agora por cabalo gañador é tan difícil como foi acertar que o máis limitado VHS se imporía ó sistema Betamax.

Tal é a competencia, que os DVD saltaron rapidamente o estadio das gravadoras, pasando directamente ás regravadoras, nas que os datos se poden borrar unha e outra vez sen desgaste nin perda de calidade.

A razón para optar por mercar discos dun só uso (dun sistema ou doutro) é sinxela: son máis baratos e teñen menos problemas de compatibilidade. O problema vén cando hai que decidir entre o "-" e o "+" que diferencia os distintos formatos de gravación, incompatibles entre si.

As gravadoras DVD-R/RW, e os seus discos compatibles, son máis baratas; DVD+R/RW ofrece maior velocidade e compatibilidade cos lectores... E en medio da liorta Sony xa lanzou a primeira gravadora compatible con tódolos formatos, aínda que os defensores de cada modelo anuncian que non están dispostos a se renderen.

Para se informar
www.dvddemystified.com

 Todo o que cómpre saber sobre o DVD e moito máis. A páxina está en inglés, pero envía traduccións en varios idiomas, incluído o castelán.

Para as películas
www.dvdgo.com

 Os 'adictos' ós DVD Pablo Carbonell, Santiago Segura e o Gran Wyoming colaboran cos seus artigos nesta páxina repleta de títulos en DVD.

A hora do DVD
www.timefordvd.com

 Manuais, novas, películas, hardware, software... nesta páxina que se rende á evidencia: o reinado do DVD comezou.

Formatos de grabación

A comezos dos 90, os fabricantes estaban divididos na investigación da tecnoloxía equivalente ó CD para vídeo. Ó final, para evitaren un enfrontamento semellante ó acontecido cos sistemas de vídeo analóxicos, os proxectos unificáronse no DVD.

A guerra trasladouse á creación dun estándar de gravación. Agora mesmo tres tecnoloxías compiten no mercado do DVD regravable. O R significa que se pode gravar unha soa vez (DVD-R ou DVD+R), mentres que RW quere dicir que os discos DVD-RW e DVD+RW se poden escribir e borrar moitas veces.

  • O DVD-RAM ten as vantaxes e desvantaxes de se-lo pioneiro. A súa idade (naceu en 1998) contribuíu a que se explotase ó máximo, pero tamén a que fora superado: é lento e difícil de manexar comparado coas novas xeracións. Aínda que é máis barato, non é compatible coa maioría dos lectores DVD convencionais.
  • O DVD-RW é compatible coa maioría dos lectores de DVD para TV e PC. Permite gravar discos virxes dun só uso (DVD-R) ou regravables (DVD-RW). Para gravar un DVD-RW fai falta formatea-lo disco e ó rematar cómpre 'pechalo', o que fai máis lento o proceso.
  • O DVD+RW é ata dúas veces e media máis rápido có DVD-RW (non é preciso nin o proceso de inicialización nin o de finalización) e presenta menos problemas de compatibilidade cos lectores. Para a gravación sinxela utiliza o sistema DVD+R.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto