Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Elegir hotel: Enormes diferencias de precios tanto en las diversas categorías como en las ciudades

Una habitación doble en día laborable en un hotel de tres estrellas cuesta desde 32 hasta 101 euros

O máis útil para o usuario de hoteis

Talonarios de hotel

  Bancotel, Ibercheque, Hotelcolor, Hotelplus... ofrecen prezos moi competitivos e con funcionamento semellante. O talonario de Bancotel, o máis coñecido, consta de cinco cupóns e custa 250 euros, pero algunhas axencias de viaxes venden cupóns por separado a 50 euros. Estes talóns teñen validez nos hoteis concertados pola compañía que ofrece o servicio (cando se adquiren estes cupóns entrégase unha listaxe de hoteis nos que se poden utilizar). Non son nominativos: calquera persoa posuidora do talonario ou de talóns individuais pode facer uso deles. O seu período de validez é de un ano (normalmente do 1 de abril ata o 31 de marzo do seguinte ano). Os clientes que quedan con talóns non utilizados durante este período non teñen dereito a reembolso nin a devolución. O talonario conséguese en axencias de viaxes e a través de Internet; os hoteis non venden estes bonos. A reserva nos hoteis pódese realizar a través dunha axencia de viaxes, chamando directamente ó hotel ou mediante a central de reservas do sistema de cupóns. Pero o xeito máis cómodo de facelo é mediante Internet, pois permite comproba-la dispoñibilidade dos hoteis, o número de bonos que esixen e efectua-la reserva. Se non facémo-la reserva o hotel poderanos aplica-las súas tarifas normais, por máis que lle presentémo-lo bono do talonario. No hotel entregarase o número de bonos que nos requiran en Recepción. O prezo do talonario non inclúe o IVE, polo que deberemos aboalo no propio establecemento, ó marcharmos.

¿Como valora-lo que ofrece un hotel?

  • O primeiro é termos en conta o noso orzamento. A partir do gasto que poidamos realizar, estudiarémo-la oferta hoteleira do lugar a onde imos pasa-las nosas vacacións. Os prezos difiren moito dentro da mesma categoría e en función da data solicitada.
  •   Tan importante como a categoría do hotel, é o seu ano de construcción e as reformas recentes que sufriu. Os máis novos ou máis recentemente reformados presentan menos inconvenientes e son máis raros imprevistos como o mal funcionamento das duchas, colchóns deteriorados, ascensores lentos e escasos, ou moquetas moi desgastadas.
  • Ónde está o hotel. Convén coñecer se se atopa nunha zona céntrica ou está nas aforas da cidade ou do lugar que preferentemente nos interese (praia, monte, parque de atraccións...). O acerto evitaranos desprazamentos onerosos e molestos. Tamén interesa saber se está ben comunicado.
  • Aparcamento propio. É moi cómodo deixa-lo coche estacionado no aparcamento do hotel: cobrarannos uns 10 euros ó día pero a cambio teremos maior seguridade e comodidade que se o deixamos estacionado na vía pública durante varios días.
  • Proximidade de medios de transporte. Autobuses, metros e taxis son o medio de transporte habitual cando nos movemos nunha cidade descoñecida. A proximidade destes axuda a rendibiliza-lo noso tempo.
  • Servicios e instalacións. Se imos pasar moito tempo no hotel, valoraremos especialmente os servicios e instalacións que ofrece, así como actividades recreativas ou de animación que facilitan o entretemento de toda a familia, especialmente de nenos e vellos.
  • Se se viaxa con nenos. Consultemos se a habitación dispón de berce ou cama supletoria. Esta última ten un custo adicional. Se precisamos máis de unha habitación, avisemos para que nos faciliten habitacións contiguas ou próximas.
  • Só durmir. Se só precisamos un lugar onde pasa-la noite e/ou o noso orzamento é pequeno, os hoteis de categorías inferiores son axeitados, pero os talonarios hoteleiros ofrecen estancias (especialmente en fins de semana) en establecementos de categorías superiores a bo prezo.
  • Os servicios xerais: restaurante, bar, cafetería, servicio de habitacións, conexión a Internet, televisor, aire acondicionado, fío musical... son servicios que debemos valorar á hora de elixírmo-lo hotel.
  • Instalacións, servicios especiais e equipamentos como ximnasio, piscina, masaxes, animadores, organización de actividades, excursións, etc. tamén poden decantarnos por un ou por outro hotel.
  • Os amigos, familiares, compañeiros de traballo e as axencias de viaxe pódennos facilitar información de primeira man sobre o hotel e que afectan a esas cuestións que non veñen nos folletos pero que son decisivas, como o trato dos traballadores do hotel, a calidade da comida, a limpeza, o ambiente diúrno, se hai ruídos nocturnos...

Cómpre ter en conta:

  • O hotel, en función da súa categoría e da tempada, pode solicitar máis dun talón como pagamento por cada día.
  • Cada estancia pagada con este sistema dá dereito a un día de aloxamento en habitación dobre para dúas persoas, normalmente sen dereito ó almorzo.
  • Se perdemos ou nos subtraen o talonario, quedamos sen opción ningunha: non teremos dereito a indemnización, porque é un billete ó portador.
  • O normal é que non se permita a reserva a grupos, considerándose como tal o cliente que solicita máis de cinco habitacións á vez.
  • Se o establecemento dispón desta opción, pode (polo mesmo prezo) facilitarlle ó usuario un berce ou unha cama extra na mesma habitación, para un máximo de dous nenos menores de doce anos. Preguntemos: algúns só ofrecen este servicio para un neno.
  • A reserva de habitación só se garante ata as seis da tarde do día de chegada, podendo variar en función da política do hotel.
  • Con estes talóns pódese realiza-lo pagamento de coches de alugueiro, entradas a parques temáticos, transbordadores, balnearios, golf, mergullo e viaxes en helicóptero.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto