Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Iogures e iogures pasteurizados despois da fermentación: Uns teñen microorganismos vivos e os outros non

Un por un, sete iogures sabor amorodo

NESTLÉ

  •   "Iogur semidesnatado sabor a amorodo", 0,20 euros/unidade.
  • A mellor relación calidade-prezo. O menos calórico (76 calorías cada cen gramos). O que menos azucre engade (8,3%). Xunto a outro, o de máis calcio (112 mg/100g). Colorante natural.
  • Na cata, 6,4 puntos: a mellor valoración na cor. Gabouse a súa cremosidade.

KAIKU

  •   "Iogur sabor a amorodo", 0,20 euros/unidade.
  • Opción interesante. Etiquetaxe incorrecta: indica "Sen conservantes" cando non poden utilizalos. Xunto a outro, o de máis calcio (112 mg/100 g.), pero dise "Rico en calcio", afirmación pouco axeitada para a súa cantidade de calcio. O de máis lactosa (4,9%), azucre do leite. O seu colorante é artificial e azoico, que presenta maior posibilidade de producir alerxias ca outros.
  • Na cata, o mellor: 7,4 puntos. O mellor en tódalas características avaliadas; moi eloxiados o seu sabor e cremosidade.

DANONE

  •   "Iogur sabor a amorodo", 0,23 euros/unidade, o máis caro.
  • O de menos proteínas (3%) e lactosa (3,4%).
  • Na cata, o segundo mellor, 7,1 puntos: o segundo posto en tódolos aspectos valorados. Comentarios positivos ó sabor.

PMI

  •   "Iogur pasteurizado despois da fermentación sabor a amorodo", 0,19 euros/unidade, barato.
  • Etiquetaxe incorrecta: indica "Sen conservantes" cando non pode utilizalos. Contido en graxa (2%), un dos maiores.
  • Dos tres pasteurizados, o de menos amidón (1,9%). O que engade máis azucre (10,2%).
  • Na cata, 6 puntos: gustou moito a súa cor.

CLESA

  •   "Iogur sabor a amorodo", 0,20 euros/unidade.
  • O de máis proteína (3,7%) e graxa (2%). Colorante artificial e azoico, que presenta maior posibilidade de producir alerxias ca outros.
  • Na cata, 5,5 puntos: salientou a súa cremosidade, pero non gustou o seu sabor "acedo e pouco intenso".

KAIGUR

  •   "Sobremesa láctea pasteurizada", 0,18 euros/unidade, o máis barato.
  • O peor etiquetado: indica "Sen conservantes" cando non pode utilizalos, e cita como ingrediente un colorante natural cando en realidade emprega un artificial e azoico, que presenta maior posibilidade de producir alerxias ca outros.
  • Un dos dous con maior extracto seco (21,1%), achega calórica (90 calorías/100 g) e contido en amidón (2,8%).
  • Na cata, un dos peores, 4,8 puntos: cualificouse negativamente o seu cheiro.

PASCUAL

  •   "Preparado lácteo desnatado pasteurizado", 0,22 euros/unidade.
  • Etiquetaxe incorrecta: indica "Sen conservantes" cando non os pode utilizar. E dise "Rico en calcio", afirmación pouco axeitada para a súa cantidade de calcio. Un dos dous con maior extracto seco (21,1%). O único co 0% de graxa (usa leite desnatado). O de máis amidón (2,8%).
  • Na cata, un dos peores, 4,8 puntos: criticouse por espeso, pola súa pouca cremosidade e pola súa cor.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto