Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Iogures e iogures pasteurizados despois da fermentación: Uns teñen microorganismos vivos e os outros non

En síntese

  • Analizáronse 7 iogures sabor amorodo: Kaiku, Nestlé, Clesa e Danone son iogures e os de Kaigur, PMI e Pascual son "iogures pasteurizados despois da fermentación".
  • Os "iogures pasteurizados" (que ata hai poucos meses non se podían denominar iogures) sofren un proceso térmico que destrúe as bacterias lácticas responsables da fermentación, mentres que no iogur teñen que atoparse nunha determinada cantidade. Este producto termizado ten unha maior estabilidade có iogur, polo que a súa vida útil é superior e non require frío para a súa conservación.
  • Presúmese que os microorganismos vivos do iogur (o "pasteurizado" carece deles) benefician a saúde do consumidor máis alá do nutricional, pero non hai certeza científica ó respecto.
  • Desde un punto de vista nutricional, estes dous tipos de iogur son moi semellantes.
  • Todos usan colorante, pero Kaiku, Clesa e Kaigur utilizan Vermello Allura (E-129), artificial e azoico, que presenta maior probabilidade de producir alerxias có colorante natural Cochinilla das outras mostras.
  • A mellor relación calidade-prezo é Nestlé. Podería selo Kaiku (o mellor na cata), pero a súa etiquetaxe incorrecta e o uso do colorante artificial relégano a "opción interesante".

TÁBOA COMPARATIVA

Marca NESTLÉ KAIKU DANONE PMI
Denominación "Iogur semidesnatado sabor a amorodo" "Iogur sabor a amorodo" "Iogur sabor a amorodo" "Iogur pasteurizado despois da fermentación sabor a amorodo"
Prezo
(euros/unidade)
0,20 0,20 0,23 0,19
Etiquetaxe Correcta Incorrecta Correcta Incorrecta
Extracto seco (%) 17,9 20,1 18,8 20,1
Hidratos de carbono (%) 12,5 14,5 13,3 14,3
Proteína (%) 3,4 3,2 3,0 3,3
Graxa (%) 1,4 1,8 1,9 2,0
Cinzas (%) 0,6 0,6 0,6 0,5
Valor calórico (kcal/100 g) 76,2 87 82,3 88,4
Almidón1 (%) 0 0 0 1,9
Lactosa2 (%) 3,8 4,9 3,4 4,0
Sacarosa3 (%) 8,3 9,6 9,3 10,2
Calcio (mg/100 g) 111,8 111,7 106,2 99,4
Cochinilla4(E-120) (ppm) 2,2 ND 2,0 1,1
Vermello Allura
AC5 (E-129) (ppm)
ND 0,8 ND ND
OGM Ausencia Ausencia Ausencia Ausencia
Estado microbiolóxico Correcto Correcto Correcto Correcto
Cata (1 a 9) 6,4 7,4 7,1 6,0
Marca CLESA KAIGUR PASCUAL
Denominación "Iogur sabor a amorodo" "Sobremesa láctea pasteurizada" "Preparado lácteo desnatado pasteurizado"
Prezo
(euros/unidade)
0,20 0,18 0,22
Etiquetaxe Correcta Incorrecta Incorrecta
Extracto seco (%) 18,7 21,1 21,1
Hidratos de carbono (%) 12,4 15,9 17,0
Proteína (%) 3,7 3,2 3,5
Graxa (%) 2,0 1,5 0,0
Cinzas (%) 0,6 0,6 0,6
Valor calórico (kcal/100 g) 82,4 89,9 82
Almidón1 (%) 0 2,8 2,8
Lactosa2 (%) 3,7 3,8 3,7
Sacarosa3 (%) 8,6 9,9 9,5
Calcio (mg/100 g) 108,5 107,2 109,4
Cochinilla4(E-120) (ppm) ND ND 3,0
Vermello Allura
AC5 (E-129) (ppm)
2,0 1,1 ND
OGM Ausencia Ausencia Ausencia
Estado microbiolóxico Correcto Correcto Correcto
Cata (1 a 9) 5,5 4,8 4,8

(1). Amidón: a súa función é espesante.

(2). Lactosa: azucre natural do leite.

(3). Sacarosa: azucre común. Engadido externamente ó producto.

(4). Cochinilla E-120: colorante natural.

(5). Vermello allura AC: colorante artificial e azoico.

ND: Substancia No Detectada

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto