Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Un paciente foi intervido para a extirpación dun tumor. De seguido presentou molestias e febre, polo que o mesmo médico practicou unha segunda intervención e extirpoulle un cacho de gasa que quedara dentro do corpo durante a primeira intervención. Despois o paciente tivo secuelas que determinaron a súa incapacidade permanente para todo tipo de traballo, polo que demandou ó médico e reclamou unha indemnización por neglixencia. O supremo, en sentencia do 29 de novembro do 2002, deulle a razón ó paciente e condenou o médico a indemnizalo con 120.000 euros, malia a que non había unha proba concreta sobre a relación de causa-efecto entre a conducta do médico e o dano ocasionado. Para alcanzar esta sentencia o Tribunal aplicou a Lei Xeral de Defensa dos Consumidores e Usuarios, e baséase na doutrina do dano desproporcionado. Segundo esta doutrina, no caso deste paciente existe un dano dos que normalmente non se producen non sendo por causa dunha neglixencia.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI