Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Bateu contra un penedo que estaba no medio da estrada

A comezos de xaneiro circulaba por unha estrada nacional e polo camiño funme atopando ó ancho de toda a calzada con treitos con pequenos anacos de barro e pedras, e en metade do meu carril cunha pedra de considerable tamaño contra a que batín de fronte, o que provocou diversos danos nos baixos do meu vehículo. De seguido avisei a Tráfico e os seus axentes realizaron o parte correspondente con tódolos datos do sinistro. Indicáronme que informase o meu seguro sobre o acontecido. Pero teño algunhas dúbidas. ¿Quen vai aboar finalmente os danos do sucedido? ¿Como debo actuar se cabe a posibilidade de reclamarlle a alguén, e deste xeito non asumir eu os danos?

  Cando a causa dun accidente de tráfico se achaca exclusivamente a circunstancias como as que se relatan, a responsabilidade recae sobre a Administración que sexa competente sobre a estrada. É dicir, que establecida unha clara relación de causalidade entre o estado da calzada e o resultado danoso, a responsabilidade é administrativa, pois é á Administración a quen incumbe o coidado e vixilancia da calzada para evitar riscos innecesarios. Con respecto á concorrencia ou non de forza maior como eximente de responsabilidade administrativa, habería que analizar tódalas circunstancias dos feitos, tales como se houbo ou non temporais de intensidade anormal ou desprendementos imprevisibles, se ben os tribunais sinalan que a Administración está obrigada a extrema-la súa dilixencia para evitar estes últimos.

Ó corresponderlle ó titular da vía a responsabilidade do seu mantemento e conservación nas mellores condicións posibles de seguridade para a circulación, e tratándose dunha estrada que pertence á rede de estradas do Estado, enténdese que se pode presenta-la reclamación ante a Delegación do Goberno e dirixida ó Ministerio de Fomento. Haberá que solicitar copia do atestado de Tráfico para comproba-los motivos consignados como causa do accidente e as súas circunstancias. Con esta documentación e cun informe dos danos e orzamento ou factura do prezo da reparación, pódese presenta-la reclamación por escrito no prazo dun ano desde o accidente. No suposto de que deneguen a reclamación, pódese continuar ante os tribunais da orde contencioso-administrativa. Para iso cómpre comprobar se o seguro inclúe a defensa xurídica en casos coma este.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto