Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

O redondeo á alza é abusivo e contrario ó principio de boa fe

Son cliente dunha caixa de aforros e ante a miña consulta sobre a cláusula de redondeo á alza no meu préstamo hipotecario, respondéronme que nas hipotecas antigas, como é o meu caso, non se modifica a devandita cláusula, e que nas novas xa se retirou. Quixera saber se ante esta declaración de intencións podo facer algunha xestión

  O redondeo por exceso favorécelle exclusivamente á caixa e implica un desequilibrio contractual en prexuízo do consumidor, contrario ó principio de boa fe que debe presidi-la contratación. Esta cláusula implica que o consumidor se pode ver obrigado a aboarlle á entidade bancaria, no transcurso do período de duración do préstamo concertado, unha cantidade notablemente superior á que se vería obrigado a satisfacer no suposto de que este redondeo non se impuxese. Neste sentido pronunciáronse os tribunais, declarando a nulidade deste tipo de condicións contractuais por aplicación da Lei Xeral de Defensa do Consumidor e da Lei de Condicións Xerais da Contratación, considerando, ademais, que se o fin da cláusula fose simplemente o redondeo para evita-lo pagamento de fraccións, sería máis equitativo o pacto de redondeo á alza ou á baixa segundo a proximidade ó número enteiro maior ou menor. Polo de agora non houbo resolución ningunha ó respecto por parte do Tribunal Supremo, o que quere dicir que, ata o momento, as entidades que non teñen sentencias en contra non están obrigadas a suprimi-lo antigo redondeo á alza.

Neste caso cómpre presentar unha solicitude por escrito dirixida ó Servicio de Atención ou Defensa do Cliente do Banco, reiterando a petición para que se proceda a anula-la cláusula ou a práctica do redondeo á alza, facendo mención para iso da discriminación que supón para os antigos clientes dos servicios bancarios. Haberá que alegar que a imposición do redondeo á alza é contraria á boa fe e que lle causa un prexuízo ó consumidor ó obte-la entidade bancaria un sobreprezo derivado dunha operación liquidatoria. No tocante ó criterio da caixa de se abster de utiliza-la cláusula nas novas hipotecas, manténdoas nas anteriores, significa a aceptación pola caixa do carácter abusivo desta cláusula, amais de aplicar este criterio discriminatoriamente e sen xustificación, mantendo nos contratos antigos o desequilibrio que ela mesma consideraba abusivo.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto