Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Debido ás présas para obter un préstamo, as comisións de cancelación son as que máis desapercibidas pasan habitualmente
A concesión dun crédito hipotecario ou dun préstamo persoal contempla diferentes tipos de comisións. Tamén delas depende que se paguen máis ou menos cartos ó longo do proceso de devolución. A comisión de cancelación é, xunto á de apertura e de estudio, a que máis peso ten, pero tamén a que pasa máis desapercibida para o titular do crédito, que do que se preocupa fundamentalmente é de obter axiña o préstamo solicitado. Esta urxencia provoca que non sempre nos informemos con detalle das opcións para devolvérmo-lo diñeiro adiantado polo banco. Por esta razón convén acordar coa entidade de maneira explícita -por escrito- cómo e cándo cancelar unha parte do crédito, ou mesmo a súa totalidade. Ademais, para supostos tan habituais como a actualización dun xuro excesivamente alto ou o traspaso da hipoteca a unha entidade financeira con mellores condicións, é dicir, a novación e a subrogación, tamén é preciso coñecer en qué consiste a cancelación dun préstamo.
A novación: consiste en renegocia-las condicións dun préstamo hipotecario coa mesma entidade que llo concedeu. Pode acontecer que estea pagando unha hipoteca cun xuro moito máis alto cós ofertados actualmente no mercado. Neste caso pódese solicitar unha mellora do crédito sen ter que asinar un novo. Esta operación pódese realizar de dous xeitos: En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI