Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Cambiar de operador de telefonía pode supor un aforro do 25% na factura

Cambiar de operador e darse de alta en varias operadoras é gratuíto e sinxelo

  En tan só uns anos, a telefonía experimentou un gran cambio no noso país. A espectacular irrupción e posterior consolidación dos teléfonos móbiles estivo acompañada pola liberalización da telefonía fixa, coa conseguinte aparición de operadoras (Tele2, Aló, Uni2, Auna, BT...) dispostas a pelexar pola súa parte do mercado coa antes monopolística e aínda hoxe operadora dominante Telefónica. Sen embargo, o uso doutras empresas, xa sexa mediante o cambio de operadora preasignada (que en case tódolos fogares segue sendo Telefónica) ou dándose de alta noutras compañías e marcando o seu prefixo antes de cada chamada, ou facendo as dúas cousas á vez, realízase en España de xeito moi pausado. Os consumidores amósanse remisos a estes movementos, quizais por descoñecemento das novas e importantes posibilidades de aforro que lles abre a competencia entre as operadoras, quizais porque ignoran qué deben facer, pola forza do costume, por desconfianza ante as vantaxes da nova conxuntura ou por comodidade.

Proba desta pasividade do usuario é que Telefónica no 2001 seguía contando cunha cota de mercado por ingresos totais do 87%. E iso malia a que, como demostra este informe de CONSUMER, unha iniciativa tan sinxela como abandonar a Telefónica como operadora preasignada e optar por outra (segundo este informe, a máis barata é Aló) pode significar un aforro de 7 euros mensuais, e polo tanto, 84 euros ó ano, para unha familia de 4 membros (con dous fillos adolescentes) que fai un uso do teléfono normal en España: 30,42 euros ó mes, sen incluí-lo IVE, nin cota de conexión nin de alugueiro do aparello telefónico. É dicir, que ter a Aló como operadora preasignada significaría para esa familia un aforro dun 25% con respecto á factura de Telefónica.

Unha operación doada e gratuíta

Son aínda moitos os usuarios que ignoran que darse de alta noutras compañías é gratuíto, cómodo e bastante rápido, amais de non implicar ningunha cota fixa. Noutras palabras, só se paga polas chamadas que se realizan. Os anuncios televisivos insisten en "informar" de que certas compañías cobran "a metade que Telefónica", ou "permiten aforros de ata un 30% nas chamadas". Pero (ó igual que acontece coa telefonía móbil) a complexa maraña de tarifas e ofertas que establece cada operadora desanima o usuario a facer contas e cambiar de operadora preasignada e/ou darse de alta en varias á vez e usalas segundo conveña en cada tipo de chamada.

O mellor xeito de aforrar é utilizar máis racionalmente o teléfono, o que nalgúns usuarios significará reduci-lo número e duración das chamadas e, en case todos, realizar preferentemente as chamadas cando máis baratas sexan as tarifas. Pero hai outras medidas, como cambiar de operadora preasignada e utilizar outras operadoras nas chamadas nas que ofrezan tarifas máis económicas cá preasignada.

CONSUMER estudiou as tarifas das principais compañías de telefonía fixa do noso país, co fin de axudar a que os usuarios tomasen dúas decisións: unha, a fundamental, é elixir -en función do tipo de consumo que cada usuario realiza- qué compañía convén utilizar como preasignada (case todos temos a Telefónica, pero pódese cambiar a outra facilmente); e dúas, a qué operadoras deben recorrer (marcando o prefixo correspondente) en cada tipo de chamada se se animan a se dar de alta en varias operadoras. Ó respecto, convén lembrar que hai operadoras moi económicas nun tipo de chamada (por exemplo, as locais en días laborables) pero moi caras noutro tipo de chamada, como fins de semana ou nas dirixidas a móbiles. Outra cuestión que cómpre lembrar, é que o usuario debe pagarlle polo mantemento da súa liña de teléfono a cota de abono -normalmente a Telefónica, aínda que nalgunhas zonas do país pode ser outra compañía: Ono, Madritel, Euskaltel, Uni2- á operadora que lance o cable telefónico ata o seu fogar. Agora ben, só se poderá beneficiar do aforro que permite este "xogo" coas operadoras se ten a liña contratada con Telefónica (e, polo tanto, págalle a cota de abono) aínda que poida te-la preasignación con outra compañía.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto