Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Sete trades sen cable: Prestacións moi desiguais

Hainos sinxelos e moi baratos que serven para as tarefas domésticas máis comúns

Un por un

BOSCH PSR 12 VE-2

  •   115,67 euros
  • Calidade global: Moi ben.
  • Mellor relación calidade-prezo. Parada rápida e dúas velocidades de xiro, co maior rango (420 rpm. e 1.440 rpm.). O menor número de momentos de xiro (6). Accesorios: maletín de plástico, 9 puntas, un chaleco porta ferramentas e un alongador de punta para o desaparafusador.
  • Valoración funcional e ergonómica: a mellor, con 4,1 puntos sobre 5.

BLACK & DECKER HP122

  •   110,14 euros
  • Calidade global: Moi ben.
  • Mellor relación calidade-prezo. Parada rápida, dúas velocidades de xiro e percusor. O tempo de carga de baterías máis curto: unha hora. Accesorios, o que menos: maletín de plástico e unha punta. Destacou polo seu aspecto e polos seus manuais.
  • Valoración funcional e ergonómica: a mellor, con 4,1 puntos sobre 5.

CASALS VXP12/2RM

  •   117,89 euros
  • Calidade global: Ben.
  • Incumpre a normativa de compatibilidade electromagnética por supera-los límites máximos para emisión radiada. Dúas velocidades de xiro, percusor e parada rápida. A súa forza do par de aperte foi a peor (9 Newton/metro). O tempo de carga de baterías máis curto: unha hora. Accesorios: maletín de plástico e dúas puntas.
  • Valoración funcional e ergonómica: 3,6 puntos sobre 5.

ELEM TECHNIC PRT1200G-3EF

  •   30,02 euros
  • Calidade global: Normal.
  • O segundo trade máis económico. A menor distancia entre o portabrocas e a empuñadura, peor (80 milímetros) e o menor número de posicións para axusta-lo momento de xiro (6). O maior tempo de carga de baterías (de 5 a 7 horas) e baterías menos duradeiras (25,2 minutos). Accesorios: maletín de plástico, 6 brocas, 7 puntas e alongador de punta para o desaparafusador.
  • Valoración funcional e ergonómica: 3,1 puntos sobre 5.

AGOJAMA 25C855

  •   27,45 euros
  • Calidade global: Normal.
  • O máis económico. Incumpre a norma de compatibilidade electromagnética por supera-los límites para emisión radiada. O trade e maletín máis lixeiros. A menor distancia entre o portabrocas e a empuñadura, peor (80 mm) e o número de momentos de xiro máis baixo (6). O máis lento entre os de unha velocidade (526 rpm.). Accesorios: maletín de plástico, 6 brocas, 7 puntas e alongador de punta para o desaparafusador.
  • Valoración funcional e ergonómica: A peor, 3 puntos sobre 5.

SKIL 2395

  •   60,13 euros
  • Calidade global: Normal.
  • Tanto a forza do momento de xiro (9 Newton/metro) coma o seu número de posicións para axustalo (6) foron as máis baixas. As súas baterías foron as máis duradeiras (48,26 minutos). Accesorios: maletín de tea, 7 puntas, cinto porta ferramentas e alongador de punta para o desaparafusador.
  • Valoración funcional e ergonómica: A máis baixa, 3 puntos sobre 5.

AEG SB2E 12

  •   232,82 euros
  • Calidade global: Normal.
  • A máis cara e a única que rompeu na proba de avellentamento. Incumpre a norma de compatibilidade electromagnética por supera-los límites para emisión radiada. O trade e maletín máis pesados. A maior distancia entre o portabrocas e a empuñadura, mellor (184 mm) e brocas máis grandes (13 mm.). Dúas velocidades, percusor e parada rápida. Tanto a forza do momento de xiro (25,1 Newton/metro) coma o seu número de posicións para axustala (20), as máis altas. Accesorios: maletín de plástico e outra batería. Valoración funcional e ergonómica: 3,9 puntos sobre 5.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto