Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER

Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Sete trades sen cable: Prestacións moi desiguais

Hainos sinxelos e moi baratos que serven para as tarefas domésticas máis comúns

  Analizáronse sete trades de prezos moi distintos. O máis caro (AEG, 233 euros) custa case dez veces máis có máis barato (Agojama, 27,45 euros) e ningún incorpora accesorios para lixar, serrar, nin pulir, polo que só serven para tradear e aparafusar.

Os sete funcionan gracias a unha batería eléctrica (non precisan estar enchufados), o que lles confire unha mobilidade que resulta moi útil en medios domésticos pero que lles resta aptitude para traballos máis pesados e profesionais onde é imprescindible unha potencia maior cá que poden proporcionar estas baterías.

Black & Decker (110 euros), que incorpora percusor para tradear materiais duros, e Bosch (116 euros), que conta cun amplo rango de velocidades, son as mellores relacións calidade-prezo, xa que ámbolos dous obtiveron a mellor valoración funcional e ergonómica (4,1 puntos sobre 5) e teñen un prezo intermedio.

Pero se o usuario só desexa facer pequenos traballos domésticos, como colgar un cadro ou montar un moble, os trades de Elem Technic e Agojama cumpren con este cometido por un prezo moi inferior: 30 euros e 27 euros, respectivamente.

Profundidade de perforación

  A distancia desde a punta do portabrocas ata o punto máis próximo á empuñadura indica a facilidade de uso en pequenos recunchos. AEG obtivo a mellor valoración neste aspecto con 184 milímetros. Pola contra, Agojama e Elem Technics, con 80 mm. non chegaron nin sequera á metade dese valor.

Canto menos pese un trade máis cómodo será o seu emprego. Os máis liviáns foron Agojama (1,35 quilos o trade e 2,6 quilos todo o maletín de accesorios) e Elem Technics (1,45 quilos só e 2,65 quilos con maletín). AEG, pola súa banda (2,1 quilos e 5,6 quilos) foi o máis pesado. Tan importante é que o trade xire rápido como que a velocidade se poida regular: materiais duros como o formigón ou o aceiro requiren que a broca vire máis a modo ca outros máis brandos, como a madeira ou os plásticos. Catro trades ofrecen dúas velocidades que se poden cambiar en funcionamento (Casals, Black & Decker, Bosch e AEG). Agojama, Elem Technics e Skil só contan cunha velocidade, nos tres casos entre 526 revolucións por minuto (rpm) e 550 rpm. Bosch destaca nos trades con dúas marchas por ofrece-lo rango máis amplo de velocidades (420 rpm. para a lenta e 1.440 rpm. para a rápida).

Forza do equipo

O par de aperte máximo é a forza de xiro que pode exerce-lo trade para aparafusar ou tradear. AEG foi a ferramenta co maior par de aperte (25,1 Newton/metro) mentres que Casals e Skil soamente ofreceron 9 Newton/metro. Agojama e Elem Technics non indican este dato nas súas etiquetas.

En función do material que se vaia furar, debe poder modificarse este momento de xiro, para axusta-la forza exercida ás necesidades conxunturais. Cantos máis "momentos de xiro" ofreza un trade, mellor. AEG conta con 20 posicións, moi por riba de Agojama, Elem Technics, Skil e Bosch, que só ofrecen seis.

Casals, Black & Decker e AEG son os únicos con función de percusor, que axuda a tradear cun intenso martelado, moi útil para furar materiais duros. A capacidade máxima de suxeición do portabrocas indica o diámetro máximo de broca que pode suxeita-lo trade, polo que convén que sexa o máis alto posible. AEG, con 13 milímetros, é netamente superior ó resto, que quedan en 10 milímetros.

Ó deixar de preme-lo gatillo de Casals, Black & Decker, Bosch e AEG, o portabrocas párase de xeito inmediato, unha medida de seguridade ausente no resto de trades, que seguen xirando por un breve período de tempo. Os sete equipos inclúen protección de inversión de xiro, de xeito que non é posible cambia-lo sentido de xiro do portabrocas cando o trade está en funcionamento.

Simulación de avellentamento

Para simula-lo comportamento dos trades tralo paso do tempo sometéronse a un ciclo forzado de 264 horas, no que se alternaban 10 minutos de parada con 10 minutos de funcionamento á máxima velocidade. O eixe de AEG desprendeuse da súa suxeición a un ciclo de só 72 horas, polo que a súa broca deixou de xirar cando non pasara máis ca unha cuarta parte do exame. O resto de modelos acabou o test sen ningún problema.

As cinco baterías que indicaban a súa composición (todas, agás Agojama e Casals) eran de Niquel-Cadmio (NiCd). Estas baterías presentan o inconveniente de que se deben cargar só logo de se baleiraren completamente. Deste xeito alóngase a súa vida útil e impídese o "efecto memoria", que reduce a súa duración.

Para medi-la autonomía das baterías cronometrouse o tempo que tardaron os trades acabados de cargarse en pararse. As de maior duración foron as de Skil (48 minutos e 26 segundos) e Agojama (44' e 43''). Elem Technics só aguantou a metade da máis duradeira: 25' e 22''. O tempo de carga das baterías variou significativamente: desde unha hora en Casals e Black & Decker ata seis horas en Elem Technics.

Os de máis accesorios son Agojama e Elem Technics, xa que aínda que todos veñen co seu maletín de transporte (o de Skil é o único de tea), Agojama e Elem Technics proporcionan 6 brocas, 7 puntas e un alongador de punta para o desaparafusador. AEG ofrece unha batería de reposto, moi útil xa que duplica a autonomía do equipo. Casals e Black & Decker foron os máis pobres neste aspecto.

Proba de uso

Tres usuarios probaron cada ferramenta: valoraron o ruído xerado, furaron formigón, madeira, cerámica e metal, cambiaron de broca e aparafusaron e desaparafusaron.

AEG obtivo a mellor nota (4,4 puntos sobre 5), aínda que fallou en ruído, seguido de Bosch e Black & Decker (4,1). O trade peor valorado neste aspecto foi Agojama (2,4 puntos) ó obte-las peores puntuacións ó tradear madeira, metal e cerámica, aparafusar, desaparafusar e cambia-la súa broca.

Black & Decker e Bosch obtiveron tamén as mellores cualificacións en manual, facilidade de uso e ergonomía, polo que os dous foron considerados os mellores en funcionalidade e ergonomía (4,1 puntos sobre 5). No extremo oposto, Agojama e Skil (3 puntos) fallaron, principalmente, en funcionalidade.

En seguridade, todos ben

  • Tódolos ensaios de seguridade (corrente de fugas, facilidade para acceder a partes activas, rixidez dieléctrica, resistencia a quecemento e lumes...) así como os controis de etiquetaxe e marcaxe de cada trade resultaron correctos.
  • No tocante á compatibilidade electromagnética, durante a carga das baterías os trades non lles xeraron perturbacións a outros aparellos enchufados á mesma liña de corrente. Agojama, Casals e AEG superaron os límites establecidos para emisión radiada, polo que poden causar interferencias noutros dispositivos próximos como televisores e radios.
  • Os manuais e o resto da información que acompañaba os trades foron ben valorados.
  • As garantías variaron dos seis meses de Elem Technics e AEG ata os dous anos de Casals e Skil. Black & Decker cometeu publicidade enganosa, ó anunciar na súa etiqueta dous anos de garantía, mentres que na documentación só ofrecía un.

Paginación

Outros servizos

Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto