Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

Reanimación cardiopulmonar: Actuar axiña é fundamental

A reanimación consiste en mante-las funcións vitais alternando a respiración boca a boca e a masaxe cardíaca

  Estímase que cada ano falecen no noso país arredor de 16.000 persoas como consecuencia dun infarto de miocardio e sen recibir asistencia especializada nos minutos inmediatamente posteriores ó ataque. En moitos casos a víctima dun ataque ó corazón morre precisamente nese breve lapso de tempo, polo que proporcionarlle asistencia médica canto antes tórnase fundamental. Os máis destes falecementos débense á fibrilación ventricular, é dicir, o corazón contráese moi rapidamente, tanto que é coma se non o fixese, xa que non pode expulsar sangue. Non obstante, a parada cardiorrespiratoria pódese deber tamén a outras causas: traumatismo, afogamento, intoxicación por drogas, asfixia, intoxicación por monóxido de carbono, etc. Sexa cal sexa o motivo da parada cardiopulmonar, cando unha persoa está inconsciente, non respira e non ten pulso, cómpre solicitar axuda. Pero mentres esta chega, hai que intentar mante-la víctima con vida. E iso conséguese aplicando a reanimación cardiopulmonar, a máis simple das medidas de emerxencia inmediatas, que ten como obxectivo principal restaura-la circulación de sangue osixenado.

Respiración boca a boca

  • Hai que coloca-la víctima deitada, boca arriba, inclinarlle a cabeza cara a atrás e erguerlle o queixo, así aseguramos que a vía respiratoria queda libre.
  • A persoa que realiza a reanimación debe colocarse en ángulo recto xunto ó ombreiro do paciente, pasarlle unha man pola caluga e pórlle a outra na fronte, ó mesmo tempo que cos dedos polgar e índice lle pecha as foxas nasais para que o aire que lle vai insuflar non saia por elas.
  • Despois cómpre inspirar fondamente, pó-la boca sobre a da víctima e expele-lo aire.
  • Logo dunha insuflación, apártase a boca, aspírase novamente e repítese a operación. As persoas que sintan reparos para realiza-la reanimación poden colocar un pano ou unha gasa sobre a boca do paciente, xa que non impide o paso do aire.

Masaxe cardíaca

Para restablece-la circulación sanguínea hai que realiza-la masaxe cardíaca. Esta manobra consiste en comprimi-lo corazón entre o esterno e a columna vertebral, para que expulse o sangue que contén.

  • Hai que se axeonllar cabo da víctima, que debe estar deitada nunha superficie dura, en posición perpendicular ó seu peito.
  • Hai que busca-la base do esterno, no centro do tórax, onde as costelas forman un V. Neste punto colócase o talón dunha man e enriba a outra, entrelazando os dedos.
  • Despois prémese con forza, descargando todo o peso do corpo para facerlle baixa-lo peito, sen medo, xa que hai que aplicar forza para que a manobra sexa eficaz. Facelo con temor e sen decisión pode non servir.

Combinar respiración boca a boca e masaxe cardíaca pode salvar unha vida se se fai correctamente.

Ritmo e duración

O ritmo óptimo para aplica-la reanimación cardiopulmonar é dunha insuflación boca a boca e cinco compresións cardíacas. Tamén se poden aplicar dúas insuflacións seguidas e 15 compresións. O importante é efectuar 12-15 insuflacións potentes e 60 compresións cardíacas nun minuto. Pero, ¿durante canto tempo cómpre prolonga-la reanimación? É difícil responder a esta pregunta, o aconsellable é non perde-los azos. Algúns enfermos precisaron varios minutos ata recobra-la respiración. Se o enfermo non reacciona, recoméndase practica-la reanimación ata que chegue a asistencia médica.

Unha ou dúas persoas

Unha soa persoa pode aplica-la reanimación cardiopulmonar, pero é preferible que dúas persoas cambien as veces, xa que ás veces hai que prolonga-la manobra ata que chegue o servicio especializado e pode ser canso. Os principios básicos da reanimación son similares cando o practican unha ou dúas persoas. Neste segundo caso, mentres unha realiza a respiración artificial, a outra céntrase na masaxe cardíaca. Para iso, quen vai efectua-la masaxe cardíaca sitúase axeonllada á cabeceira do accidentado e a outra en perpendicular á altura do ombreiro. Se a manobra se ten que prolongar durante varios minutos, é conveniente alternarse para evita-lo cansazo. Cando hai dúas persoas realizando a reanimación aplícase unha insuflación potente cada 5-6 compresións cardíacas. De haber unha persoa máis podería colaborar elevando as extremidades inferiores do accidentado: dese xeito conséguese que o sangue que hai nelas se dirixa cara ó tronco e aumente o nivel de sangue dispoñible para garantir unha achega suficiente ós órganos vitais: corazón e cerebro.

Triple comprobación

O cerebro é o órgano máis sensible á anoxia ou falta de osíxeno e sufrirá un dano irreversible en pouco tempo: entre 4 e 6 minutos sen osíxeno son abondo para producirlle lesións graves, polo que as medidas de emerxencia deben instaurarse nese breve período de tempo.

O primeiro que cómpre facer é unha triple comprobación:

  • Comproba-lo pulso arterial: a mellor zona do corpo para facelo é o corpo, a nivel da carótide.
  • Comproba-la respiración: colocando o oído enriba da boca do accidentado e observando se o peito sobre e baixa ó respirar.
  • Examina-la boca: para asegurármonos de que nela non hai corpos estraños que obstrúan as vías aéreas.

Se non hai pulso nin respiración cómpre actuar, xa que reaccionar a tempo é fundamental. A reanimación consiste en mante-las funcións vitais alternando a respiración boca a boca e a masaxe cardíaca.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto