Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Accidente mortal nun banquete

 Durante a celebración dun banquete de vodas e no momento en que os noivos se dispuñan a parti-la torta, o pai da noiva accedeu ó espacio existente entre a mesa nupcial e o final do escenario co fin de sacar unha fotografía. Nunha distracción perdeu o equilibrio e caeu á sala desde a altura dun metro, fracturando o cranio. Faleceu dous días despois. A familia demandou ó establecemento por neglixencia, dado que a zona indicada non estaba protexida cunha varanda. E o Tribunal Supremo, en sentencia do 2 de decembro do 2002, tamén o considerou así, declarando a responsabilidade do dono do establecemento. Como a mesa nupcial se situou enriba do escenario sen ningunha protección e ademais, gracias ó vídeo, quedou claro que este espacio podía ser utilizado sen trabas e era un espacio aberto usado polos comensais, considera o Supremo que o risco de caída foi creado polo establecemento. E este risco produciuse como consecuencia da explotación dun negocio, con ganancias para o empresario, polo que este debe soporta-los danos que ese xeito de explotación crea. Sen embargo, rebaixa a indemnización ó entender que tamén houbo culpa na víctima pola súa imprudencia.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto