Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Os xogos dos nenos cáusanlles molestias ós veciños

Vivo nunha urbanización que dispón dunha zona común con piscina, xardín e un patio, onde, segundo publicitou a constructora, se colocarían catro xardineiras. A constructora non cumpriu a súa palabra e actualmente permítese xogar ó balón. Este patio está xusto embaixo da miña fiestra e os seus límites son a propia fachada. Os balóns batendo na parede e os berros insistentes fan que vivir na miña casa poida chegar a tolear a calquera. Formulado o problema na reunión de veciños, non se dan adoptado medidas definitivas. ¿Que medida legal podo tomar para obrigar á comunidade a prohibir estes xogos molestos en zonas comúns?

 Conforme á Lei de Propiedade Horizontal, os propietarios deben respecta-las instalacións xerais da comunidade facendo un uso axeitado delas e evitando que se causen danos ou desperfectos, observando a dilixencia debida nas súas relacións cos outros propietarios e no uso do inmoble. A convivencia e o uso de elementos comúns, neste caso do patio común, débese realizar conforme ó uso normal das cousas. Que os nenos da comunidade xoguen en espacios comúns da comunidade pode chegar a se considerar normal, pero se os ruídos van máis alá do tolerable ata o punto de causar danos, por exemplo, na saúde, non habería obriga de aturalos. Pódeselle pedir ó Presidente da Comunidade a convocatoria dunha Xunta de Propietarios na que se someta a votación o límite do horario de xogos infantís no patio común e/ou o tipo de xogos. É dicir, podería ser viable prohibi-los xogos especialmente molestos, permitindo o resto e limitando os xogos infantís a unha determinada franxa horaria, tanto en días laborais coma festivos. Dado que o patio se sitúa xusto debaixo da fiestra, tamén se lle pode pedir á Xunta a consulta cun técnico sobre as medidas de illamento do ruído que se poidan adoptar. En caso de que a Xunta de Propietarios non atenda a solicitude, pódese acudir ós tribunais impugnando os acordos que deneguen a adopción de medidas para limita-los niveis de ruído, solicitando unha indemnización por perdas e danos. Cómpre ter en conta que estas cuestións se deben incluír necesariamente na orde do día da Xunta para poderen someterse a votación e para que os acordos se adopten validamente.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto