Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

As pedras da fachada caen de seguido

Hai tres anos contratamos un albanel para que colocase pedra aplacada na fachada da nosa casa, pero desde hai un ano a pedra despégase da parede. Explicámoslle o problema e intentouno arranxar facendo un burato cunha trade nas pedras caídas e suxeitándoas cun parafuso. Pero este remedio non funcionou e as pedras seguen caendo. Tratamos polas boas de pactar un amaño, pero o albanel bótalle a culpa ó que vendeu o material, e este atribúe o problema a unha mala colocación. ¿Que podemos facer?

  A fachada probablemente precise unha reparación urxente dado o grave risco de lesións para os transeúntes. Se este risco provoca un sinistro, a comunidade de propietarios tería que responder fronte á víctima polas perdas e danos que lle ocasionasen. Por iso é fundamental reclamarlle ó profesional que efectuou a obra a reparación urxente da fachada, mencionando que de non ser así se acudiría ós tribunais.

Neste caso perfílase a cuestión de quén é o responsable. A comunidade de propietarios elixiu o material e formalizou dous contratos distintos, un de subministración e outro de execución de obra. Pódese reclamar extraxudicialmente a ámbolos dous, pero convén contar coa opinión dun perito que determine as causas do defecto -o material, a súa colocación, ou ámbolos- para demandar só a un dos profesionais ou ós dous. No caso de que a contratación se realizase só co albanel, xa que foi quen presentou o orzamento de colocación e do material a cargo dos seus provedores habituais, cumprirá dirixi-las reclamacións contra el. Para iso hai que formaliza-las reclamacións extraxudiciais a través dun burofax certificado con xustificante de recibimento, asinado polo presidente da comunidade. No suposto de que ningún dos profesionais implicados atenda os requirimentos nin asuma a responsabilidade, haberá que convocar unha xunta de propietarios extraordinaria e urxente co fin de autoriza-lo presidente para contratar un avogado e leva-lo asunto a xuízo. O avogado valorará a necesidade dun informe pericial, probablemente a través dun arquitecto ou aparellador, co fin de determina-las causas técnicas do defectuoso cumprimento do contrato.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto