Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Unha alimentación equilibrada, unha correcta hixiene cotiá e as visitas periódicas ó dentista, imprescindibles
A nosa dentadura é, amais dunha importante tarxeta de presentación, a primeira parte do aparello dixestivo. Unha correcta mastigación dos alimentos, por exemplo, evita determinados problemas de estómago, e só se pode realizar se os nosos molares se atopan en bo estado. Outros problemas que pode ocasionar unha incorrecta hixiene da boca son caries, xenxivite ou infeccións, as patoloxías máis frecuentes da boca. Para que sexa efectiva, cómpre realiza-la limpeza bucal da maneira e coas ferramentas axeitadas. Uns minutos de dedicación ó día aseguran unha dentadura sa e bonita para toda a vida.
Procure cepilla-los dentes despois de cada comida (almorzo, xantar e cea). Non deixe pasar máis de quince minutos entre o remate da comida e o cepillado. En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI