Saltar o menú de navegación e ir ao contido
As pantallas planas de cristal líquido, por prezo e prestacións, xa son unha alternativa real
Se hai algún aparello tecnolóxico que non está case caduco (ou á metade de prezo) ó pouco de mercalo, ese é o monitor. Aínda que se engloba dentro da categoría de 'periférico' (coma a impresora ou o rato), o monitor é un compoñente que hai que estudiar con tanta ou máis atención cá memoria RAM, o disco duro, a tarxeta de vídeo ou calquera outro elemento 'estrela' da computadora. Diso depende a saúde dos teus ollos.
O monitor de toda a vida, ese que se asemella á tele, é de tubo de raios catódicos (CRT: catodic ray tube) e segue sendo aínda o rei dos PCs de escritorio. Pero a evolución dos monitores de pantalla plana e a rápida caída dos seus prezos están aplanando coma unha apisoadora os monitores, ata o punto de que moitos auguran que as siglas CRT serán o pasado en moi poucos anos. O 30% dos ordenadores que vemos hoxe en calquera escaparate veñen con pantalla plana e no 2005 algúns estudios afirman que serán a metade dos case 150 millóns de monitores que se prevé vender.
É unha cuestión de tamaño... e prezo. Se o usuario pode gastar unhas tres veces máis no monitor dividirá por catro o espacio que ocupa este aparello na mesa, por dous o seu peso, gastará a metade de enerxía e os seus ollos agradeceranllo. Isto tampouco quere dicir que haxa que ir coma tolos a pola pantalla plana. Nin moito menos. Todo depende do uso que lle vaia dar á súa computadora.
As siglas LCD (liquid cristal display) non lle deben soar ó último berro en tecnoloxía. Desde comezos dos 70 as pantallas de cristal líquido fóronse estendendo ás calculadoras, reloxos, televisores, portátiles, cámaras dixitais... ata chegaren ós PCS. Os problemas iniciais do cristal líquido foron minguando a gran velocidade, gracias, fundamentalmente, á tecnoloxía TFT (Thin Film Transistor), que emprega semiconductores no canto de electrodos para cambia-lo estado (aceso ou apagado) de cada punto da pantalla, reducindo os problemas de resolución, ángulo de visión e pureza de cor (contraste). A maioría das pantallas planas actuais utilizan esta tecnoloxía.
Só para os seus ollos
Pasar varias horas ó día diante dunha pantalla pouco adecuada pode ter nefastas consecuencias para a visión. Sen deixar de ir ó oftalmólogo, esta web ofrece consellos de cómo coida-la vista.
Ónde mercar
www.ebay.es
As poxas virtuais como eBay son un bo lugar para desfacérmonos da pantalla vella antes de adquirirmos unha nova. Amais dun aforro no prezo do novo aparello, reutilizarase un electrodoméstico condenado, doutro xeito, ó caldeiro do lixo.
Decora a pantalla
www.screensaver.com
Un monitor LCD-TFT pode chegar a ser un signo de sofisticación e elegancia. Sen embargo, ¿por que conformármonos cunha escura pantalla? Na Rede hai páxinas coma esta desde a que descargar imaxes de fondo ou salvapantallas para que lle dean vida ó monitor cando permaneza inactivo.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI