Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.
Fumaban os usuarios, de media, no 46% dos espacios nos que estaba prohibido, e facíao algún empregado no 24% dos lugares visitados
Unha das medidas legais máis emblemáticas na protección do dereito á saúde do non fumador é a prohibición, que rexe no noso país desde 1988, de fumar en lugares públicos como centros educativos, hospitais, aeroportos, estacións de tren e bus, edificios da Administración, gasolineiras, bibliotecas, museos, medios de transporte...
CONSUMER publicou en xuño de 1998 un informe que desvelaba un amplo incumprimento da norma. Hoxe, case cinco anos despois e cando o Goberno anuncia o despregue de todo un arsenal lexislativo para regula-lo consumo e a publicidade desta substancia adictiva que tantos problemas causa na saúde dos cidadáns, un novo estudio desta revista demostra que todo segue igual, se non peor.
O respecto ó dereito do non fumador, a concienciación social sobre os danos que causa o tabaco nos fumadores pasivos e o rigor da Administración para facer cumprir esta norma, seguen brillando pola súa ausencia no noso país. Os datos dificilmente poden ser máis elocuentes: se en 1998 fumaba polo menos algún usuario no 44% dos lugares en que estaba prohibido, hoxe consúmese tabaco no 46% destes espacios teoricamente libres de fume nicotínico. E se daquela só no 3% destes ámbitos protexidos se lles brindaba os fumadores a posibilidade de fumar nunha sala específica para eles -co que se favorece que o non fumador non se vexa obrigado a respirar aire contaminado- hoxe a proporción segue nun máis ca exiguo 4%. E se hai catro anos e medio a actuación dos empregados ó seren interpelados polos técnicos desta revista cando vían que a xente fumaba onde estaba prohibido facelo podía considerarse incorrecta nun 82%, na actualidade a proporción alcanza o 95%. O único dato esperanzador deste informe é que se no anterior estudio no 33% destes espacios libres de tabaco fumaban os empregados (polo menos, algún deles) hoxe a proporción queda no 24%.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI