Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Pilas: salinas e alcalinas: Cada unha cumpre a súa función

As pilas alcalinas duran entre tres e dez veces máis cás salinas, pero só saen rendibles nos aparellos que máis enerxía consomen

  Analizáronse catro pilas salinas (as normais) e catro alcalinas (as de maior rendemento), todas elas desbotables e non recargables. As pilas alcalinas son, de media, tres veces máis caras cás normais. Se as primeiras custan entre os 0,79 euros por unidade de Cegasa e os 1,06 euros de Energizer, as salinas máis baratas valen 15 céntimos (Panasonic) e as máis caras, Varta, soben a 46 céntimos. As dúas pilas de maior calidade en cada tipo (Samsung en salinas e Varta en alcalinas), ofrecen o segundo mellor prezo no seu tipo, polo que ámbalas dúas foron escollidas como a mellor relación calidade-prezo en cada tipo de pila.

As pilas salinas analizadas son do tipo R6 e as alcalinas LR6, ambas de 1,5 voltios, as máis usadas. As letras R, F e S definen, respectivamente, a forma cilíndrica, plana e paralelepípeda da pila. O número "6" revela o tamaño, inferior a 14,5 milímetros de diámetro e 50,5 milímetros de alto neste caso. A diferencia entre ámbolos grupos de pilas está na súa composición, que se sinala mediante a inclusión ou non dun "L" no nome. Se a pila xera a electricidade mediante dióxido de manganeso, cloruro de amonio e cloruro de cinc, non cómpre que apareza ningunha letra antes de "R6". Nas alcalinas, sen embargo, engádese un "L" para indicar que están compostas de dióxido de manganeso, hidróxido de metal alcalino e cinc (LR6).

Máis respectuosas co medio natural

Estas oito mostras non utilizan, para produciren electricidade, metais pesados tóxicos como mercurio e cadmio, antes habituais e moi contaminantes. De tódolos xeitos, as pilas usadas débense sempre depositar nun contedor de recollida selectiva.

A tensión inicial mínima en baleiro dunha pila destas características debe ser de 1,5 voltios. Para comprobar se a alcanzaban mediuse a tensión das oito mostras, que en tódolos casos demostrou estar por riba desa cifra. Varta salina foi a que maior tensión inicial ofreceu (1,677 voltios), mentres que a de menor tamén foi unha salina, Panasonic (1,587 voltios).

As pilas alcalinas pesaron de media un 40% máis cás salinas. Entre as salinas Cegasa demostrou se-la máis liviá (15,65 gramos) e Panasonic a máis pesada (17,98 gramos). Entre as alcalinas, Varta foi a máis lixeira (22,85 gramos) e Energizer a de máis peso (24,4 gramos). En calquera caso, a diferencia de peso é mínima. As dimensións tamén foron correctas e moi semellantes en tódolos casos.

No tocante ó aspecto exterior e acabado as pilas mellor valoradas foron a salina Panasonic e as alcalinas Energizer e Duracell ("moi ben"). Varta e Cegasa só acadaron o "normal".

Tempo de uso

Para valora-la duración dunha pila cronométrase o tempo no que subministra, con diferentes resistencias e de xeito continuo, unha tensión desde 1,5 ata 0,9 voltios. Cada mostra someteuse a catro resistencias distintas, que simulan o gasto dunha radio (75 ohmio, a resistencia de menor consumo), un 'walkman' ou 'discman' (10 ohmio), un coche a radiocontrol (3,9 ohmio) e un flash de cámara fotográfica (1 ohmio, a máis esixente).

O rendemento de cada grupo de pilas é distinto segundo o tipo de aparello onde se utilicen: nunha radio as alcalinas duran 2,7 veces máis cás normais, nun 'walkman' ou 'discman' 3,25 veces máis, nunha lanterna, coche a radiocontrol, 4,37 veces máis e no flash dunha cámara fotográfica 10,06 veces máis. Polo tanto, tendo en conta que as pilas alcalinas custan de media máis do triple cás normais, estas resultan rendibles nos aparellos que consuman pouca electricidade (como radios e casetes), mentres que as alcalinas se desenvolven mellor en aparellos con grandes necesidades enerxéticas, como xoguetes de radiocontrol ou flashes.

Na análise de cada pila, dentro do grupo das salinas destacou Cegasa por contar coa maior duración en radios (66,3 horas) e 'walkmans' (6,22 horas), é dicir, o gasto enerxético para o que está indicada. No extremo oposto situouse Samsung, con 50,4 horas para as radios e Panasonic, que non chegou ás 5 horas para os 'walkmans'. Ante un gasto enerxético esixente, como era de agardar, as salinas tiveron un comportamento pésimo, pero que está xustificado pola súa natureza: nos catro casos menos de dúas horas para o xoguete a radiocontrol, e menos de dez minutos para o flash.

No grupo das alcalinas a máis duradeira foi Energizer, xa que malia a obte-lo segundo posto para radios ofreceu a maior duración tanto para 'walkmans' (19 horas), xoguetes a radiocontrol (6 horas e 51 segundos) e flashes de cámaras (54 minutos e 40 segundos). Duracell foi a de menor duración entre as alcalinas, ó obte-lo menor tempo en radios (162 horas e 39 minutos), 'walkmans' (17 horas e 13 minutos) e xoguetes a radiocontrol (4 horas e 48 minutos) e o segundo peor para os flashes (48 minutos e 10 segundos).

En seguridade, ben

  Tamén se comprobou a temperatura e o comportamento de cada pila ante un curtocircuíto. Ningunha das mostras explotou nin presentou deformacións que afectasen á seguridade dos usuarios, pero as catro alcalinas queceron máis cás salinas. Cegasa alcalina chegou ós 117 graos (moi mal) e Duracell, que foi a mellor entre as alcalinas, ós 82 graos (mal). Estes datos non incumpren ningunha norma, pero cómpre telos en conta por exemplo na fabricación de xoguetes, e coloca-las pilas en compartimentos protexidos. A mellor neste test resultou Panasonic, con 54 graos centígrados (moi ben). Unha característica importante que cómpre avaliar é o comportamento das pilas ante un funcionamento en continuo. Para iso sometéronse as pilas a unha descarga de 3,9 ohmios (equivalente ó funcionamento dun xoguete a radiocontrol) durante 5 minutos. Samsung foi a pila salina que mellor valoración obtivo (moi ben) e Panasonic a peor (normal), por se-la pila máis descargada ante a mesma carga e o mesmo tempo. Dentro das alcalinas, salientaron Varta e Energizer, que obtiveron un "moi ben", mentres que os resultados máis discretos foron para Duracell e Cegasa (ben).

Amais do funcionamento en continuo, tamén se observou o funcionamento en descontinuo mediante 10 ciclos de descarga cunha resistencia de 1 ohmio (semellante ó flash dunha cámara) durante 1 minuto, deixando despois un tempo de recuperación de 30 segundos. As pilas salinas que mellor resultado obtiveron foron Varta e Cegasa, valorándose o seu comportamento como moi ben. Panasonic demostrou se-la peor entre as salinas. En cambio, tódalas alcalinas alcanzaron o moi ben.

Tódalas mostras cumpriron a normativa de información e protección ó consumidor, pero nos oito casos a información subministrada foi moi mellorable, en diferente grao e por distintos motivos. Fallaron principalmente en marcaxe e documentación, e mais en falta de símbolos e advertencias.

Como conclusión, as pilas de mellor calidade foron Samsung, entre as salinas, e Varta, entre as alcalinas. Panasonic (salina) e Duracell (alcalina) obtiveron os resultados máis discretos.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto