Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Deixáronlle secuelas por unha operación reductora de peito

 Unha muller someteuse a unha operación de cirurxía estética reductora de mamas e como consecuencia quedáronlle cicatrices excesivas e perdeu as aureolas. Ademais, permaneceu impedida durante 37 días. Considerando que non fora debidamente informada dos riscos e que o resultado obtido non correspondía co contratado, presentou unha demanda contra o médico e a súa compañía de seguros. En primeira instancia, o xulgado estimou a súa demanda, se ben reducindo a indemnización solicitada de 110.000 euros a 15.000. Apelaron ámbalas partes. A Audiencia de Barcelona, en sentencia do 8 de outubro do 2002, estimou parcialmente o recurso da muller, incrementando a indemnización ata algo máis de 48.000 euros. Di a Audiencia que, de acordo coa Lei de Sanidade, o médico ten a obriga de informa-lo paciente dos riscos da súa doenza, amais de dar información completa sobre o diagnóstico, prognóstico e tratamento. Engade a Audiencia que no ámbito da cirurxía estética o deber de informar intensifícase, polo que o documento asinado pola usuaria, no que nin sequera figuraba a sinatura do médico, non cumpría en absoluto con este requisito legal. Para rematar, considera que en intervencións de cirurxía estética é esixible unha maior garantía no resultado.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto