Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.
Teño un aparello de vídeo estragado e leveino ó servicio de reparación correspondente. Ó pedir un orzamento para saber se pagaba a pena arranxalo, dixéronme que só me ofrecían un orzamento se a reparación superaba os 60 euros. Se o importe era inferior, eles arranxábano sen avisar. Sospeito que a cantidade final será próxima ós sesenta euros, pero lixeiramente por baixo. ¿Podo esixir algo ou teño que acepta-lo que me dixeron?
O proceder do Servicio de Reparacións non se axusta estrictamente á normativa, en concreto ó Real Decreto 58/1988 de 9 de xaneiro sobre servicios de reparacións de aparellos de uso doméstico. Conforme a este Real Decreto, os usuarios teñen dereito a un orzamento previo escrito que terá unha validez mínima de trinta días desde a data de comunicación ó usuario. Neste caso, como se solicitou un orzamento previo, o servicio de reparacións está obrigado a entregalo nun prazo máximo de cinco días hábiles. Non obstante débese satisface-lo importe da elaboración do orzamento se finalmente non se acepta. No caso de que non se admita o orzamento, o aparello terá que se devolver nas mesmas condicións nas que se entregou e paga-lo orzamento. Como importe deste orzamento poderanlle cobrar ó usuario, como máximo, para pequenos aparellos de uso doméstico, quince minutos do valor do tempo de traballo; para liña branca trinta minutos, e para liña castaña e electrónica (vídeo), sesenta minutos.
Estes servicios están obrigados a exhibirlle ó público, de xeito visible, os prezos aplicables por tempo de traballo e os gastos de transporte e/ou desprazamento, de se-lo caso, e os prezos daqueloutros servicios ofertados, así como os recargos por traballos efectuados con carácter de urxencia ou fóra da xornada normal, a petición do usuario. Os prezos deberán incluír todo tipo de cargas ou gravames, salvo o IVE. Tamén deben exhibir lendas que especifiquen o seguinte: "Todo usuario ten dereito a orzamento previo escrito das reparacións ou servicios que solicite. O usuario quedará obrigado ó pagamento pola elaboración do orzamento só cando, despois de solicitalo, non fora aceptado".
O incumprimento desta normativa considérase infracción e, se se considera procedente, pódese solicita-la folla de reclamacións que se remitirá ás autoridades competentes en materia de consumo do municipio.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI